| ++++ | ||
| Fisioloxía e Medicina | ||
|
|
|
|
| Medicina | ||
|
O Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina de 2003 foi para dous científicos que traballaron no desenvolvemento das técnicas de resonancia magnética, un método de diagnóstico e investigación médica que permiten a visualización de órganos e detección de diferentes patoloxías. Os dous premiados, Paul C Lauterbur (Estados Unidos) e Peter Mansfield (Reino Unido), traballaron na técnicas para aplicación médica da resonancia magnética. O primeiro Lauterbur descubriu como se pode formar imaxes en dúas dimensións das estructuras analizadas coa resonancia magnética e Mansfield desenvolveu a metodoloxía precisa para adecuar a técnica ós hospitais, producindo imaxes dunha interpretación doada. |
||
|
|
|||
| Física | |||
|
|
|
|
|
| Física | |||
|
O
Premio
Nobel de Física de 2003 foi para tres científicos que contribuíron
decisivamente ó estudio de dous fenómenos da física cuántica: a
superconductividade e a superfluidez. Alexei
A. Abrikosov desenvolveu a teoría da superconductividade e ofreceu
unha explicación teórica sobre os superconductores de tipo II que
permiten asemade a superconducción en campos magnéticos elevados. Vitali
Lazarevich Ginzburg puxo os alicerces para o traballo de Abrikosov,
traballando na explicación teórica dos superconductores de tipo I.
Ademais, traballou na propagación das ondas de radio e na orixe
dos raios cósmicos. Anthony Leggett é un especialista no eido da superfluidez. |
|||
|
|
||
| Química | ||
|
|
|
|
| Química | ||
|
O
Premio
Nobel de Química de 2003 outorgouse a dous investigadores
estadounidenses, Peter
Agre, da Universidade Johns Hopkins e Roderick
MacKinnon do Instituto Médico Howard Hughes. Os méritos de ambos os
dous científicos son os seus traballos sobre o paso de substancias a
traveso da membrana plasmática. Peter Agre centra a súa actividade
investigadora no paso de auga e proteínas. Agre descubriu canles nas
membranas plasmáticas que permiten o paso desas substancias. Pola súa
parte. MacKinnon é un especialista no estudio do paso de ións. A circulación de auga e ións é básica para o mantemento da boa actividade celular e un axeitado equilibrio das presións intra e extracelular. |
||