Decembro, 2004

 


Boletín de novas da ciencia


   

 

 



Os misteriosos sons das dunas

Os exploradores e viaxeiros polos desertos contan historias sobre os sons que oen na soidade das areas. Sabíase que o fenómeno era producido por aludes de area pero descoñecíase o mecanismo exacto. Desde a Universidade de París propoñen unha hipótese sobre a producción destes sons: a fonte serían as vibracións producidas no leito de area logo das colisións de milleiros de grans.

 Os sons escoitados nos desertos de area poden escoitarse a dez quilómetros de distancia, a cento cinco decibelios e con frecuencias entre noventa e cinco e cento cinco hercios. Bruno Andreotti, físico da Universidade de Parles, marchou aos campos de dunas do Sáhara.

A formación e movemento dunha duna é un fenómeno eólico. Os grans de areas van subindo a favor do  vento pola zona de menor pendente da duna. No momento que na cima o amoreamento de area é moi grande os grans de area caen polo outro lado. Nese momento ocorre o alude e a duna ‘comeza a cantar’.

Andreotti mediu asemade as vibracións ocasionadas no leito areoso e as emisións acústicas no aire. Logo das súas análises atopou que as vibracións da area se comportan como ondas lentas e cunha amplitude dun cuarto do diámetro dun gran de area.

O son final, o que máis chama a atención, é o resultante dos golpes duns con outros, provocando ondas elásticas sobre a superficie de duna. A superficie areosa pode actuar igual cá membrana dun tambor.

 

© Canal Ciencia