Obra social de Caixa Galicia. Medio ambiente.

Maio, 2007

 


Boletín de novas da ciencia


Portada

Que é?
Contacto

Corea do Sur fai trampas

Segundo unha nova recollida polo New Scientist, un estudo dos biólogos da Universidade Estatal de Oregón, Estados Unidos, pon en evidencia os datos proporcionados polo goberno de Corea do Sur respecto á captura de baleas. Segundo as leis dese estado, a carne de balea pode ser vendida se os animais son atrapados “accidentalmente” polas redes dos pescadores. Cada exemplar atrapado debe ser notificado ao goberno para o seu rexistro. Así, podemos saber que entre 1999 e 2003 as redes coreanas capturaron 458 rorcuais alibranco  (Balaenoptera acutorostrata). 

Balaenoptera acutorostrata. Imaxe orixinal en http://www.subpesca.cl/mostrarimagen.asp?id=2519

O estudo dos biólogos de Oregón demostra que os números non cadran e o número de capturas dobra o declarado. Os investigadores mercaron carne de balea nos mercados de Corea do Sur e analizaron o ADN para determinar o número de rorcuais postos á venda. A análise dos datos e a estimacións estatísticas mostraron que no devandito período de 1999 e 2003 se capturaron 827 rorcuais alibrancos. 

Os goberno de Corea do Sur e do veciño Xapón manteñen unha política de caza e captura de cetáceos á marxe dos acordos internacionais e mesmo vulnerando os por eles asinados.

 

Canal Ciencia