|
Segue a Operación Carballo
Os
alumnos e alumnas do
IES Auga da Laxe de Gondomar veñen de facer
balance no seu viveiro de arboriñas.
En total están dispostas máis de cincuenta
carballizas, dez castiñeiras, dezasete plantóns de
camelia e cinco nogueiras. Os rapaces e rapazas de
Gondomar puxeron as arboriñas a disposición dos
interesados do seu instituto. As que queden serán
plantadas no propio centro e nun terreo disposto pola
Comunidade de montes de Gondomar.
|