|
Operación
Carballo en Soutomaior
O
pasado verán Soutomaior foi un dos concellos máis
castigados polo lume. Unicamente é necesario dar unha
volta por calquera das súas estradas e botarlle unha
ollada aos montes.
Por
esa razón, o Colexio Santiago Apóstol foi dos
primeiros en sumarse á Operación
Carballo. Desde os primeiros días de setembro a
profesora Ana Aguiar organizou os grupos de
recolleita de landras e envases. Despois a plantación
das landras e o seu coidado durante o curso. A semana
pasada chegou a última fase, a plantación das arboriñas.
Nun
terreo cedido polo concello onde existe un parque
destinado a manter en forma aos maiores do concello, os
alumnos e alumnas do Colexio Santiago
Apóstol levaron á terra as súas carballizas.
Persoal do concello e os propios rapaces xunto a súa
profesora Ana Aguiar vixiarán o desenvolvemento
das carballizas.
|