Obra social de Caixa Galicia. Medio ambiente.

Marzo, 2007

 


Boletín de novas da ciencia


Portada

Que é?
Contacto

Comezan as plantacións de árbores

A Comunidade de Montes en Man Común de Peitieiros, Gondomar, aborda a restauración forestal do monte, queimado na súa maior parte en agosto do ano 2005. Durante este tempo estívose retirando a madeira queimada. A extracción realizouse por fases para evitar, no posíbel, unha erosión agresiva.

PeitieirosActualmente estanse reservando unhas zonas de explotación mediante rexeneración do cultivo forestal e estase actuando sobre outras, non produtivas, co ánimo da restauración do bosque autóctono. 

Neste contexto de actividades forestais, o venres 16 de marzo o alumnado de 5º curso de primaria do CEIP Neira Vilas de Peitieiros plantou un cento de pés  bidueiros, avelairas, freixos e nogueiras no lugar do Curro Vello, no Matalagartos.

 

Canal Ciencia