Obra social de Caixa Galicia. Medio ambiente.

Abril, 2008

 


Boletín de novas da ciencia


Portada

Que é?
Contacto
Botes, recuperado e en liberdadeBotes. Imaxe de CEMMA.

O lobo mariño Botes que se recuperaba no Acuario do Grove desde o pasado 2 de febreiro vai ser ceibado o 2 de abril. A CEMMA recuperou e coidou de Botes logo da súa chegada en xaneiro de 2008. Daquela, era un pequerrecho de cen centímetros e só vinte quilogramos, mal nutrido, deshidratado e cunha afección subcutánea na parte posterior da cabeza.

Logo  dos primeiros coidados, dunha intervención cirúrxica para tratar a doenza da cabeza e asegurar un bo estado xeral de saúde, a foca pasou ao Acuario do Grove para exercitar a súa musculatura e gañar peso. O mércores dous de abril, Botes partirá no buque pesqueiro Ferreira Martínez desde o porto de Marín.

En 2007, CEMMA atendeu vinte e dous cetáceos, lobos mariños e tartarugas mariñas, o nove por cento dos 260 exemplares varados nas costas galegas.

 

 Canal Ciencia.com. ISSN 1988-7264