Achegamento ao cerebro humano a
traveso das lampreas
O
grupo Neurolam da Universidade de Vigo (Laboratorio
de Bioloxía Celular da Facultade de Bioloxía) emprega
lampreas como material experimental para coñecer o
desenvolvemento e organización do sistema nervioso
central dos vertebrados. A descrición dos circuítos
básicos equivalentes aos que nos humanos provocan a
enfermidade de Párkinson é un dos exemplos que mellor
reflicte algún dos froitos das súas investigacións.
A nivel locomotor, a lamprea, é o vertebrado mellor
coñecido. Isto fai que sexan claves, por exemplo, para
facer estudos acerca da transición entre os
invertebrados e os vertebrados. Se a isto lle engadimos
que tamén é o que ten o cerebro máis sinxelo, fai que
determinados aspectos sexan máis doados de estudar nela
ca en seres máis complexos como poden ser o mono ou os
humanos.
Xunto á lamprea galega, Petromyzum marinus, os
membros do laboratorio están tamén a traballar cunha
especie importada de Suecia, a Lampetra fluviatilis.
Máis no DUVI.
|