|
CEMMA lembra o seguinte
código de conduta no caso de
atoparse con Gaspar ou outros golfiños:
Tratar de manter o mínimo contacto e a máxima
indiferenza para non perturbar o seu comportamento.
Non darlle nunca comida.
Non meterse nunca na auga ao seu carón.
Observalo a distancia sen achegarse.
Se estás na auga non tratar nunca de tocalo nin de
aproximar as mans.
Saír inmediatamente da auga e afastarse do seu
contacto.
Se estas nunha embarcación:
Non aproximarse nin interromper o seu comportamento.
Adoptar unha posición neutral e indiferente se se
achega o animal mantendo o mesmo rumbo e velocidade
Non
cambiar de dirección ou velocidade de xeito brusco.
Se o tes na popa: coidado, gosta de meterse baixo o
motor.
Lembra que o contacto cun arroaz é unha situación de
risco de agresión ou contaxio de enfermidades dérmicas e
pulmonares.
|