Obra social de Caixa Galicia. Medio ambiente.

Abril, 2008

 


Boletín de novas da ciencia


Portada

Que é?
Contacto
Inaudito. A aventura de oír

A Domus acolle unha exposición interactiva e divulgativa para coñecer todos os aspectos do sistema auditivo.

Inaudito propón diversas actividades e xogos para descubrir por que oímos, cal é o camiño que percorren as ondas sonoras ata chegar ao cerebro, de que modo entendemos as palabras e o importante que é para a nosa vida social gozar dunha boa audición.A exposición está organizada en catro ámbitos nos que se agrupan os módulos:

  • O mundo do son
    Vivimos nun mundo onde os sons forman parte da nosa vida, dannos información, ofrécennos pracer, facilítannos a comunicación. Neste espazo preséntanse diversos módulos nos que se propón escoitar e identificar os diferentes sons que nos rodean.
     
  • A máquina do oído
    O oído preséntase como unha máquina complexa capaz de diferenciar distintas frecuencias e de identificar a distancia e dirección dos sons; en definitiva, unha ferramenta básica para a vida social. Aquí pódese descubrir como funciona.
     
  • Túnel do silencio
    A máquina do oído ás veces pode estragarse debido a diferentes causas, e entón a persoa non pode oír ben. Do mesmo xeito que a vista, a capacidade auditiva tende a diminuír conforme pasan os anos. Os módulos que contén este ámbito invitan a experimentar que significa non poder oír ben.
     
  • Que solucións existen?
    Ante a perda de oído existen diferentes solucións que permiten recuperar o mundo dos sons; hai axudas auditivas adecuadas para cada persoa. Expóñense aquí algúns dos instrumentos que melloran a audición.

Inaudito. A aventura de oír
Sala Severo Ochoa. Domus, A Coruña
Do 28 de abril ao 14 de setembro de 2008

 Canal Ciencia.com. ISSN 1988-7264