|
Máis exercicio
Cando os planes para a Educación Física no ensino medio
contempla unha redución horaria, desde o Campus de
Ourense da Universidade de Vigo anuncian a posta en
marcha do programa Ponte en forma.
Ponte en forma,ofrece aos alumnos, profesores e PAS a
posibilidade de gañar en saúde e calidade de vida grazas
á práctica de deporte controlado por profesionais. Os
encargados de levalo a cabo, o médico especialista en
Medicina da Educación Física e do Deporte, Juan José
Crespo, e o licenciado en Educación Física, Guillermo
Santos. Os responsábeis do programa explicaron que “Ponte
en forma consiste en realizar actividades deportivas
de xeito controlado por especialistas para mellorar,
principalmente, a saúde…aínda que tamén para controlar o
peso corporal, mellorar as articulacións e os músculos,
recuperar lesións e incluso como complemento do
adestramento de deportistas”.
|