Concurso de proxectos de mitigación do
cambio climático
en países en vías de desenvolvemento
CeroCO2 é unha iniciativa para o coidado do clima, promovida
polas ONGs
Ecología y Desarrollo e
Acciónatura. Trátase dunha das primeiras plataformas de cálculo,
redución e compensación de emisións de carbono atmosférico.
CeroCO2 naceu en febreiro de 2005, co obxectivo último de
sensibilizar á sociedade verso da necesidade de iniciar unha acción
inmediata contra o cambio climático, ofrecendo ferramentas prácticas
para alcanzar este obxectivo.
Unha das súas iniciativas é a convocatoria dun
concurso de proxectos de mitigación do cambio climático en
países en vías de desenvolvemento.
O prazo de inscrición remata o vindeiro 30 de abril.
|