Obra social de Caixa Galicia. Medio ambiente.

Abril, 2008

 


Boletín de novas da ciencia


Portada

Que é?
Contacto
Segunda edición dos Premios Climántica

Co obxectivo de sensibilizar sobre o problema do cambio climático, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible convoca a segunda edición dos Premios Climántica. Os premios consisten nunha estancia de 5 días nun equipamento de Educación Ambiental de Galicia no que tamén se desenvolverán actividades deportivas e de lecer. Esta estancia levarase a cabo ao remate do curso 2007-2008 en dúas quendas diferentes: entre o 23 e o 27 de xuño para ESO e entre o 8 e o 12 de setembro para bacharelato e ciclos formativos. 

Toda a información pode atopala neste enderezo.
 

 Canal Ciencia.com. ISSN 1988-7264