Reciclaxe de disquetes na USC
A
Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible da
Universidade de Santiago vén de poñer en marcha unha
campaña de recollida selectiva de
disquetes usados, para que sexan xestionados
axeitadamente cando o usuario se queira desfacer deles.
A iniciativa desenvólvese en colaboración coa Unidade de
Xestión de Residuos Perigosos do Servizo de Prevención
de Riscos da USC.
Actualmente, os disquetes
atópanse en situación de claro desuso pola aparición de
novos sistemas de almacenamento de información, máis
fiables e de maior capacidade. A Coordinación do Plan
detectou a necesidade de xestionar axeitadamente este
tipo de refugallos, polo que distribuíu 34 contedores
específicos en centros docentes, residencias e colexios
maiores.
O proceso comeza coa
recollida selectiva dos disquetes mediante o seu
depósito nos contedores específicos que, unha vez
completos, son baleirados e almacenados pola Unidade de
Xestión de Residuos Perigosos. Logo, un xestor
autorizado procederá á recepción e posterior reciclaxe
dos seus compoñentes: plásticos PET e o aluminio.
O
PET
reciclado emprégase na fabricación de fibra de
poliéster, que posúe múltiples usos como por exemplo na
industria téxtil, na elaboración de madeira plástica e
tarimas, na creación de fibra para recheo térmico e
mesmo para a elaboración de alfombras. O aluminio é un
material comunmente reciclado, ata o punto de que pode
ser reciclado nun 100%, e con diferentes usos en función
da súa calidade.
|