|
Campaña S.O.S. CLIMA de Amigos da
Terra

O pasado mes de febreiro púxose en
marcha The big ask, unha campaña de 17 grupos europeos
de Friends of the Earth Europe (FOEE) que
reclaman á Unión Europea e aos seus gobernos nacionais
un compromiso de redución das emisións de CO2 ano a ano.
O obxectivo último desta campaña é o de comprometer á
Unión Europea e aos países membros á redución das
emisións dos gases de efecto invernadoiro un 30% no 2020
e un 90% no 2050.
En Galiza, a campaña lanzase baixo o
nome de
S.O.S.
Clima, e ten por obxectivo que o goberno
aprobe unha lei para reducir as emisións de CO2 ano a
ano.
Amigos da Terra
agarda concienciar aos galegos e ás galegas para que
apoien esta campaña, e así propiciar a actuación dos
nosos gobernos para frear o cambio.
|