Obra social de Caixa Galicia. Medio ambiente.

Abril, 2008

 


Boletín de novas da ciencia


Portada

Que é?
Contacto

Vixilancia dos efectos do cambio climáticoEquipo do Laboratorio de Enxeñería da Auga e Desenvolvemento Rural

Paliar os efectos do cambio climático nos recursos hídricos é unha das principais liñas de investigación iniciadas polo equipo do laboratorio de Enxeñería da Auga e Desenvolvemento Rural, que dirixe o profesor Dafonte no Campus de Lugo.

Segundo explican os investigadores, o cambio climático está a provocar un aumento da temperatura e un descenso dos recursos hídricos, que, entre outras moitas consecuencias, está limitando o desenvolvemento de fauna piscícola como os salmónidos. Conxuntamente coa Universidade de Vigo están a estudar o efecto da vexetación de ribeira como regulador da temperatura da auga e tamén, polo tanto, como medida de xestión para reducir os efectos do cambio climático.

Estes traballos buscaron en primeiro lugar e a partir de modelos rexionais existentes de predicción de cambio climático, estimar o efecto nos recursos hídricos mediante o uso de modelos hidrolóxicos e posteriormente o uso de modelos de simulación da temperatura da auga para avaliar o efecto da lonxitude e anchura das franxas de vexetación ripícola na reducción do incremento de temperatura de auga esperado.

 

 Canal Ciencia.com. ISSN 1988-7264