|
Xeomagnetismo e suicidios
Unha nota publicada en
New Scientist recolle a estraña investigación
dun xeólogo da Academia Rusa de Ciencias. Oleg Shumilov
fixo un estudo estatístico dos campos xeomagnéticos
desde 1948 até 1997 que revelou tres picos estacionais
anuais: de marzo a maio, en xullo e en outubro.
Curiosamente, segundo Shumilov, os picos de actividade
xeomagnética coincide cos máximos de suicidios na cidade
de
Kirovsk, no norte de Rusia.
Shumilov recoñece que unha correlación como esta non
significa necesariamente a existencia dun nexo causal.
Non obstante, tamén indica que outros
estudos suxiren unha relación entre a saúde
humana e o xeomagnetismo, as tormentas magnéticas ou aos
efectos na Terra das laparadas solares.
Kelly Posner, psiquiatra na Universidade de Cornell,
cre que a asociación entre uns e outros fenómenos cómpre buscala na actividade da glándula pineal, a
encargada dos ritmos circadianos e a produción de
melatonina.
|