ADN de tres persoas nun mesmo óvulo A
Autoridade para a Embrioloxía e Fertilización Humana (HFEA) británica concedeu unha autorización á
Universidade de Newcastle para un
experimento de fertilización abraiante. A autorización da HFEA foi válida para traballar con dez embrións anormais e descartados nos procesos de fertilidade asistida. Os biomédicos da Universidade de Newcastle retiraron os núcleos dos óvulos fecundados e implantáronnos noutros óvulos aos que se lles quitou os seus núcleo propios. O óvulo resultante levaría, polo tanto, material xenético de tres persoas diferentes (lembremos que as mitocondrias teñen ADN de seu). Os investigadores cren que o seu experimento abre unha porta para axudar a mulleres con células con mitocondrias deficientes a ter fillos que non herden esas mitocondrias (as mitocondrias pasan directamente das nais aos fillos). |