Obra social de Caixa Galicia. Medio ambiente.

Febreiro, 2008

 


Boletín de novas da ciencia


Portada

Que é?
Contacto
AfrotheriaUn exemplar da musaraña elefante ou ‘Rhynochocyon udzungwensis’

Afrotheria, a superorde de mamíferos que agrupa os elefantes, manatís e dugongs, sengi e as toupas douradas. Coma outras categorías taxonómicas, Afrotheria existe desde hai pouco, desde a década dos noventa do século XX, e xurdiu apoiándose nas análises biomoleculares e na comparación de secuencias de ADN.

Cando a perda de biodiversidade é unha das características dos tempos que estamos a vivir é bo que poidamos celebrar o descubrimento de novas especies no planeta. Un novo mamífero moi singular acaba de ser descrito nas montañas de Tanzania.

Trátase dunha estraña criatura, que recibiu o nome de Rhynochocyon udzungwensis,  un tipo de gran musaraña elefante, ou sengi. O animal aparece descrito en Journal of Zoology. Pola súa forma, semella unha mestura entre un antílope anano e un pequeno oso formigueiro. Ten o tamaño dun gato pequeno, duns trinta centímetros de lonxitude, pero máis gordecho.

 Canal Ciencia.com. ISSN 1988-7264