Obra social de Caixa Galicia. Medio ambiente.

Febreiro, 2008

 


Boletín de novas da ciencia


Portada

Que é?
Contacto

Día de Darwin

Co gallo do aniversario de Charles Darwin, hoxe, martes 12 de febreiro) poñemos a disposición de todos, uns enderezos para ler ou baixar dúas das súas obras fundamentais. Trátase d’A orixe das especies e Diario da viaxe dun naturalista, ambas as dúas en español.

A primeira está gardada na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Tamén podes baixar unha edición electrónica en inglés premendo aquí.

O relato da viaxe no Beagle está no sitio na Rede d’El Aleph. Unha versión en inglés está publicada aquí (é un arquivo comprimido zip). Se non tes moitos problemas co inglés, a maioría das súa obras están dispoñíbeis nesta sección da biblioteca da Universidade de Pennsyilvania.

Queremos lembrar que a Universidade de Santiago de Compostela publicou en galego A orixe da especies, dentro da súa colección Clásicos do Pensamento Universal.

Finalmente, nestoutro enderezo hai unha versión en portugués d’A origem das espécies.

 Canal Ciencia.com. ISSN 1988-7264