Obra social de Caixa Galicia. Medio ambiente.

Febreiro, 2008

 


Boletín de novas da ciencia


Portada

Que é?
Contacto
Liberación de FenicioFenicio. Imaxe de CEMMA.

Fenicio, o macho de poucos meses e pequeno tamaño de lobo mariño cincento, ou foca gris, (Halichoerus grypus) en recuperación no Acuario do Grove, vai ser ceibado polo persoal de CEMMA. Igual ca noutras ocasións, o pesqueiro Navegante Magallanes levará a foca a mar aberto.

Antes da súa estadía no Grove, Fenicio estivo atendido pola Unidade de Coidados Intensivos de Lobos Mariños da CEMMA, situada nas dependencias da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol. A principio desta semana, o doutor Josep Mª Alonso Farré, o mellor técnico veterinario en fauna salvaxe mariña, deu o seu visto bo para a liberación da foca.

O acto de despedida será o xoves 28 de febreiro. Contra as 10:30, Fenicio embarcará no Navegante Nagallanes. Boa sorte!

 Canal Ciencia.com. ISSN 1988-7264