|
Novas terapias baseadas na
nanotecnoloxía
O grupo de investigación de Nanotecnoloxías
Aplicadas ao Deseño de Fármacos da USC, coordinado pola profesora María
Dolores Torres López, traballa actualmente no
desenvolvemento
de novas terapias antitumorais e xénicas locais a través da
Nanomedicina.
Entre os novos avances antitumorais, os
investigadores deseñaron unha nova terapia baseada no uso de nanocápsulas
rodeadas por unha substancia, o polímero quitosano, co fin de diminuír a
toxicidade que provocan os fármacos contra o cancro nos tecidos dos órganos
debido á súa distribución indiscriminada e maximizar o seu acceso preferente
ás células tumorais.
Na última fase, este traballo deu un gran avance
a través da conversión destas nanocápsulas en ‘sistemas intelixentes’ que
teñen por obxectivo enviar o fármaco directamente ao tumor a través dun
anticorpo que distingue as células tumorais sinalizadas cunha proteína, a
tomorregulina.
Ademais de Dolores Torres, neste estudo tamén
participaron os profesores dos Departamentos de Fisioloxía e de Química
Orgánica da USC, Fernando Domínguez e Ricardo Riguera, respectivamente.
|