Supervisión
A integración de materiais sintéticos e biolóxicos, a combinación de pezas
mecánicas, dispositivos electrónicos e tecidos vivos abre a porta á
recuperación de lesións até hoxe imposibles de superar, cando non novas
aplicacións nunha gran variedade de actividades.
Un invento relacionado coa recuperación da visión, mesmo de
mellorar a que non ten ningún fallo, presentouse o mes de xaneiro de 2008.
Este novo dispositivo é un lente de contacto conectado con circuítos
electrónicos. De momento implantáronse en coellos, que melloraron a súa
vista e, moi importante, non lles ocasionou dano ningún.
|