As TIC e o modelo de ensino
Segundo unha
tese doutoral presentada na Universidade do País Vasco a introdución das
TIC nos institutos vascos non cambiou o modelo de ensino secundario.
A tese defendida por
Sergio Monge Benito é un amplo estudo do período 1999-2004. Consonte
Monge Benito, o modelo de ensino secundario segue baseado na palabra impresa
e a indiferenza da escola respecto ás TIC pode convertela nunha institución
anticuada. Malia ao desenvolvemento da tecnoloxía de información e
comunicación, a escola experimentou poucos cambios no último século.
|