|
A eclipse segundo Óscar
Blanco
O astrofotógrafo oficial deste
sitio e presidente da Agrupación
Astronómica Coruñesa Io marchou cos socios do grupo
da até Zamora para seguir a eclipse anular de Sol do tres de
outubro.
Desde alí mandounos unha fermosa
secuencia de imaxes da eclipse dispoñíbel na nosa sección de
Astrofotografía.

|
|

© Oscar Blanco e Borja Tosar, 2005

|
Saturno desde A
Coruña
Por alá anda a Cassini
e desde A Coruña é así como pode verse. Óscar Blanco e Borja
Tosar, ambos os dous membros da Agrupación
Astronómica Io da Coruña, adaptaron unha webcam ao seu
telescopio para obter esta imaxe do planeta Saturno. A fotografía é
do 22 deste mes de xaneiro de 2005.
|

|


|

|
Tres astrofotos
de verán
Tres fotografías do ceo galego no verán. As tres son de Oscar
Blanco, astrofotógrafo e presidente da Agrupación
Astronómica Coruñesa Io (AACIO). A primeira é da Nebulosa
de Norteamérica e Nebulosa do Pelicano debaixo de Deneb. A segunda
está dedicada á constelación de Saxitario e a terceira á de
Escorpio.
|
|
© Oscar Blanco, 2004
|

© Oscar Blanco, 2004
|

© Oscar Blanco, 2004
|
Venus e a Lúa
crecente
Dúas fotografías da Lúa crecente e Venus, e da
cara escura da Lúa iluminada pola luz cinsenta, feitas o 22 de abril
de 2004 no ceo coruñés. Vixiante ao paso do astros está a Torre de
Hércules. Óscar Blanco fixo ambas as dúas cunha cámara Yashica
reflex e teleobxectivo 100-300 a F5.6.

|

© Oscar Blanco, 2003
|
A constelación
do Cisne
Imaxe de constelación do
Cisne (Cygnus) obtida por Oscar Blanco. A estrela máis
brilante da foto é Deneb, unha estrela enorme e moi afastada que
podemos ver case todo o ano (agás no inverno). Ó seu carón, por
debaixo, está NGC 7000, a Nebulosa de Norteamérica que toma o
nome polo parecido xeográfico.

|

© Oscar Blanco, 2003
|
A Osa Maior
Unha espléndida imaxe da
máis famosa das constelacións boreais. Realizada en Piggy Back sobre
montura ecuatorial alemana motorizada, con 10 minutos de exposición e
unha cámara reflex Yashica e película diapositiva Fuji Sensia 400
asa.

|
|

© Juan José Picón, 2003
|
Cráteres da
Lúa
Bonita imaxe dos cráteres
da Lúa. A fotografía de Juan José Picón tirouse cunha cámara
dixital acoplada a un telescopio.

|

© Oscar Blanco, 2003
|
Solpor no Atlántico
Óscar Blanco tomou esta imaxe o día vinte
de marzo de 2003, poucas horas antes de comezar a primavera e, polo
tanto, un dos dous días ó ano nos que o Sol desaparece exactamente
polo oeste.

|

© Oscar Blanco, 2003
|
Saxitario
Unha fermosa imaxe da constelación de Saxitario
feita por Óscar Blanco Varela. A fotografía fíxoa no verán de 2003
dende Montesalgueiro (Aranga, A Coruña). Na imaxe aparecen nebulosas e
cúmulos en amplas zonas da Vía Láctea.

|

© Juan José Picón, 2003
|
Marte
Juan José Picón fixo esta abraiante toma de Marte
canda a oposición de 2003. Pódese ver o casquete polar sur e amplas
zonas escuras do hemisferio sur marciano.

|

© Oscar Blanco, 2003
|
M42
Unha nova fotografía de
M42 obtida por Oscar Blanco Varela. M42,
a Nebulosa de Orión ou NGC 1976 é unha brillante nube de gas
asociada a unha rexión de formación de estrelas.
|

© Oscar Blanco, 2003
|
Solpor
Oscar Blanco, presidente da
Asociación Astronómica Coruñesa Io, agasallounos con esta fermosa
fotografía do ocultamento do Sol polo horizonte coruñés.
|

© Oscar Blanco, 2002
|
Expedición ás Canarias
En outubro de 2002, varios membros da
Asociación Astronómica Coruñesa Io (AACIO) marcharon de
expedición á Illa de La Palma. Ademais de visita-los telescopios
do
Observatorio del Roque de los Múchachos, dedicaron tempo á observación astronómica propia e á astrofotografía.
Oscar Blanco, presidente da
AACIO, tomou estas tres novas e magníficas imaxes:
- A primeira é unha nova fotografía
da Nebulosa de Orión (M42),
tomada cunha exposición de 15 minutos e unha cámara Yashica
acoplada a un refractor de 500 mm de focal e 102 mm de
diámetro.
- A segunda é das Nebulosas
da Águia e Omega: Nebulosas da zona
Saxitario-Serpe, tomada cunha exposición de 10 minutos e o
mesmo equipo ca anterior.
- A terceira é da cúpula do Gran
Telescopio de Canarias, un xigante de 10 metros de
diámetro e aínda en fase de construcción.
|

© Oscar Blanco, 2002
|

© Oscar Blanco, 2002
|
© Oscar Blanco, 2002
|
Constelación do Cisne
Unha nova imaxe da Constelación do Cisne. Óscar
Blanco tomóuna en Vila de Cruces, coa técnica de Piggy Back, 15
minutos de exposición e unha cámara Yashica FX3. A película
é de diapositiva de 200 asa.
Óscar Blanco é o presidente da Asociación Astronómica Coruñesa
Io.

|
© Elvis López, 2002
|
Venus
Elvis López emprega a súa cámara web para fotografa-los
planetas cando, segundo el mesmo di, "pasan por diante da súa
xanela". Esta imaxe é de Venus e a súa cámara é unha Philips
ToUcam Fun.

|
|

© Oscar Blanco, 2002
|
Constelación do Cisne
Esta imaxe da Constelación do Cisne é de abril de 2001. Óscar
Blanco obtívoa en Arillo preto da Coruña. Nela pódese observa-la
constelación e sinaladas por Óscar, as estrelas Deneb e Albireo,
ademais da nebulosa NGC7000 ou Nebulosa de Norteamérica.

|

© Oscar Blanco, 2002
|
Orión Unha
nova imaxe do astrofotógrafo coruñés Óscar Blanco. Neste
caso trátase da constelación de Orión, seica a máis coñecida,
coa Osa Maior, do hemisferio norte celeste. Orión é recoñecible
polo cuadrilátero que forman as estrelas Saiph, Rigel, Betelgeuse e
Bellatrix. O aliñamento das tres estrelas no medio do cuadrilátero
está formado polas estrelas Alnitak, Alnilam e Mintaka, coñecidas
como as "Tres Marías". Baixo éstas é por riba de Saiph
e Rigel obsérvase a Nebulosa
de Orión (M42).
Os datos técnicos da imaxe:
-Yashica FX3
pelicula de 400 asa
- Refractor D150, F1200,
f8 cunha montura ecuatorial motorizada - Exposición 5'

|
© Oscar Blanco, 2002
|
Imaxes do
agrupamento planetario1
Fotos do agrupamento planetario
dende Oleiros coa cidade da Coruña ó fondo e o castelo de Santa
Cruz en primeiro plano.
Nesta serie podermos observa-lo
triángulo formado por Saturno, Marte e Venus. Aliñado con Venus
está Mercurio e máis afastado, por riba de Marte e Saturno anda
Xúpiter.
Oscar Blanco fixo as fotos cunha Yashica
fx-3 sobre trípode, e cunha película de diapositiva Fuji sensia
de ISO-100.
Para ve-las imaxes a maior
tamaño prema por riba delas.
|
© Oscar Blanco, 2002
|
© Oscar Blanco, 2002
|
© Oscar Blanco, 2002
|
Imaxes do
agrupamento planetario 2
Óscar Blanco
Varela é un astrofotógrafo da Coruña que obtén unhas
imaxes realmente fermosas. Algunhas poden verse nesta mesma páxina.
Co gallo do agrupamento planetario vén de face-la seguinte serie de
fotografías.
Óscar fotografou ós cinco planetas do aliñamento o
día 29 de abril, contra as 22:30, hora galega. Elixiu un sitio
inmellorable: o Acuarium Finisterrae da Coruña.
Con moito inxenio, nas imaxes sempre hai cinco ou
seis planetas: Saturno, Marte, Venus, Mercurio e Xúpiter e/ou a
Terra.
Tódalas fotografías están feitas cunha exposición de
15" empregando unha película de 400 ASA.
Para ve-las imaxes a maior tamaño prema por riba
delas.
|
© Oscar Blanco, 2002
|
© Oscar Blanco, 2002
|
© Oscar Blanco, 2002
|
 © Oscar Blanco, 2002
|
Imaxes do
agrupamento planetario 3
Óscar
Blanco mandounos esta fermosa imaxe do agrupamento planetario visto dende A
Coruña. A imaxe foi tomada o pasado 22 de abril cunha cámara réflex
montada nun trípode.

|

 © Uxío Ferreiro, 2002
|
A Lúa
dende Soutomaior
Dúas
novas fotos lunares. Son de Uxío Ferreiro dende
Soutomaior. As imaxes son do 30 de abril de 2002, canda a Lúa
pasaba xusto polo Sur.
Uxío empregou un telescopio
refractor de 700 mm de focal e 76 mm de diámetro. Para fotografa-lo
satélite "pegou" o obxectivo dunha cámara dixital Sony
DSC-P1 ó ocular. E estes son o resultados.

|
 © Elvis López, 2002
|
Imaxes do
agrupamento planetario 4
Dende Vigo, Elvis López capturou outra imaxe
coa súa cámara web. Elvis fotografou ós planetas Venus,
Marte e Saturno na
noitiña do 25 de abril. Segundo el mesmo conta, fixo varias probas
cos controis da súa cámara ata obte-la imaxe desexada.

|
© Elvis López, 2002
|
Marte-webcam
Curiosa imaxe de Marte tomada cunha ¡cámara web!. A
fotografía fíxoa Elvis López, de Vigo, en xuño de 2001, nos
días do máximo achegamento Terra-Marte. Elvis empregou unha
webcam Philips ToUcam Fun.

|
 © Oscar Blanco, 2002
|
Saxitario
Oscar Blanco Varela fotografou a constelación
de Saxitario e a Marte en xuño de 2001. Fixo
exposicións de 10 minutos, empregando unha reflex en
paralelo a un telescopio sobre montura ecuatorial e con seguemento
motorizado.

|
© Francisco Peláez, 2002
|
O
cometa Ikeya-
Zhang
No Turó de l´Home, Montseny, a 1.700
metros de altura, Francisco Peláez Navarro de Vilassar de
Mar, Barcelona, tirou esta espectacular imaxe do cometa Ikeya- Zhang
(C2002/C1). Francisco Peláez fotografou ó cometa o pasado 24 de
marzo. Utilizou un telescopio refractor paralelo Lx200 de 80 mm. A
exposición foi curta, de 4 minutos, e a película empregada foi
de Fuji, de 400 asa.
 
|
© Oscar Blanco, 2002
|
O
cometa Ikeya-
Zhang
Oscar Blanco Varela é o
autor destas imaxes do cometa Ikeya-
Zhang. Blanco fotografou ó cometa o pasado 23 de
marzo. As fotos foron feitas no
concello de Aranga preto da Coruña. Utilizou un telescopio
refractor de 1200 mm de focal e 150 mm de diámetro, mais unha cámara
Yashica FX3, mediante a chamada técnica de foco
primario. A exposición foi curta, uns 3 ou 4 minutos, con
seguemento guiado por motor, en montura ecuatorial. A película é de Fuji, de 400
asa.
 
|
© Oscar Blanco, 2002
|
 ©
Oscar Blanco-Juan José Picón, 2002
|
A
nebulosa de Orión
Imaxe da Nebulosa de
Orión (M42) tomada por Oscar Blanco e Juan José
Picón. Fixérona o pasado novembro en Sada (A Coruña). Os datos
técnicos:
- Fujichrome Provia 400 ASA -
Minolta X700 a foco directo - Refractor D150, F1200,
f8 - Exposición 1' 30"
Os autores dixitalizaron a imaxe e tratárona nun PC.
 
|
 © Juan José Picón-Oscar Blanco, 2002
|
A Lúa
dende Sada
Imaxe da Lúa
tomada por Juan José Picón e Oscar Blanco
. Fixérona o pasado novembro en Sada (A Coruña). Os datos
técnicos:
- Fujichrome Provia 400 ASA -
Minolta X700 a foco directo - Refractor D150, F1200,
f8 - Exposición 1/250
Os autores dixitalizaron a imaxe e tratárona nun
PC.

|
|
© Canal Ciencia | |