|
Orión Unha
nova imaxe do astrofotógrafo coruñés Óscar Blanco. Neste
caso trátase da constelación de Orión, seica a máis coñecida, coa
Osa Maior, do hemisferio norte celeste. Orión é recoñecible polo
cuadrilátero que forman as estrelas Saiph, Rigel, Betelgeuse e
Bellatrix. O aliñamento das tres estrelas no medio do cuadrilátero
está formado polas estrelas Alnitak, Alnilam e Mintaka, coñecidas
como as "Tres Marías". Baixo éstas é por riba de Saiph e
Rigel obsérvase a Nebulosa de
Orión (M42).
Os datos técnicos da imaxe: - Fujichrome Provia 400 ASA -
Minolta X700 a foco directo - Refractor D150, F1200,
f8 - Exposición 1' 30"
|

© Oscar Blanco 2002
|
|