| Un idioma preciso | preciso -a. adx.
1.Exactamente determinado ou definido.
2. Dise do que non é equívoco nin vago.
3. Dise do que é necesario ou imprescindíbel.
A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser "un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén "un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é imprescindíbel que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.
Por iso, desde esta sección de canalciencia.com, coordinada pola Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da USC, intentaremos contribuír aos dous tipos de "precisións", presentando para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma estábel ou que se empregan de forma inadecuada.
Cada número parte dun pequeno estudo elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles. Partindo dese traballo, convidamos a todas as persoas interesadas a opinar sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas, e a presentar e defender as súas propias alternativas no foro de debate creado para tal fin. | | Ligazóns | Dicionarios e bancos terminolóxicos
Dicionarios e vocabularios galegos do Servizo de Normalización Lingüística da USC da Xunta de Galicia do Seminario de Lingüística Informática da U. de Vigo máis materiais galegos Outros Eurodicautom: Banco de termos da Comisión da U. E. Datos en 12 idiomas oficiais da U. E. Euterpe :Banco de termos do Parlamento Europeo) Datos en 12 idiomas oficiais da U. E. Dicionario Logos: Dicionario multingüe o funcionamento do cal se describe con detalle aquí. Grand dictionnaire terminologique: Banco bilingüe inglés-francés da Administración do Quebec, Canadá. Base de Terminologie do Conseil International de la Langue Française. Datos en inglés-francés-castelán-alemán Cercaterm: Banco do Centro de Terminologia de Catalunya. O número de linguas varía segundo as áreas de especialidade. Onelook: Buscador que procura unha forma concreta en case 850 dicionarios electrónicos presentes na súa base de datos. Basicamente en inglés. Michaelis. Moderno dicionário da língua portuguesa: Dicionario portugués que conta con máis de 200 000 entradas e subentradas, con especial atención ao léxico especializado. Algunhas páxinas compiladoras de dicionarios e vocabularios en liña: O tradutor virtual Onelook Yourdictionary Ressources Internet da Universidade de Sherbrooke (Canadá) Terminology collection Máis ligazóns |
|
| | 112 |
A orde de elementos no baleiro |
A interferencia do inglés sobre as outras linguas ten unha das súas principais manifestacións na transmisión máis ou menos disfrazada do seu léxico, desde casos evidentes, como software, bit, snob ou sketch ata outros que pasan moito máis desapercibidos (córner, gol, bar…).
Pero tamén adoita estenderse ao plano sintáctico, no cal non é frecuente que se cheguen a introducir estruturas alleas á lingua que as recibe, pero si que se force o uso dunha previamente existente, alterando os seus valores e incluso suplantando outras que desenvolvían esas funcións. Un destes casos de anglicismo sintáctico chamounos a atención hai pouco ao intentar determinar qué denominacións deberían recibir en galego os diferentes rangos de presión en que se adoita dividir o baleiro. Nese abano que vai desde a presión atmosférica ata o baleiro absoluto ou baleiro perfecto, atopámonos con baixo baleiro, medio baleiro, alto baleiro ou aínda ultra-alto baleiro, sempre co adxectivo anteposto ao substantivo. Esta forma de colocación non é insólita entre nós, pero normalmente serve para atribuírlle ao adxectivo unha serie de valores expresivos e aínda semánticos que en casos como os arriba citados –ou noutros como alta definición, alta densidade, alta fidelidade, alta tensión, alta voltaxe…– non parecen existir. Polo tanto cabe intuír que esta anteposición veña inducida polas respectivas denominacións inglesas (high definition, high density, high fidelity, high tension, high voltage, ou low -ou rough- vacuum, medium vacuum, high vacuum, ultrahigh vacuum se volvemos sobre a cuestión dos graos do baleiro). En xeral, cando este tipo de denominacións galegas acadan un uso masivo adoitan ser integradas nas obras lexicográficas; pero na nosa opinión, mentres iso non ocorra deberiamos defender o emprego das formas con estrutura substantivo + adxectivo se a anteposición do adxectivo non cumpre ningunha das funcións indicadas máis arriba. Por iso, para os nomes dos graos do baleiro, que non teñen difusión fóra do ámbito da física, apostamos por denominacións galegas que cumpran o criterio anterior, e que tenten evitar interferencia do inglés na sintaxe galega. GALEGO | INGLÉS | ESPAÑOL | PORTUGUÉS | baleiro baixo (presión que vai desde 1×105 a 3×103 Pa) | low vacuum, rough vacuum, soft vacuum | bajo vacío, vacío grueso, vacío primario | baixo vácuo, vácuo baixo, vácuo primário | baleiro medio (presión que vai desde 3×103 a 1×10-1 Pa) | medium vacuum | vacío medio | vácuo medio | baleiro alto ou baleiro elevado (presión que vai desde 1×10-1 a 1×10-4 Pa) | high vacuum |
alto vacío, vacío elevado | alto vácuo, vácuo alto, vácuo elevado | baleiro superelevado ou baleiro superalto (presión que vai desde 1×10-4 a 1×10-7 Pa) | very high vacuum | muy alto vacío, vacío muy alto | vácuo muito alto | baleiro ultraelevado, baleiro ultraalto ou ultrabaleiro (presión que vai desde 1×10-7 a 1×10-10 Pa) | ultrahigh vacuum | ultra-alto vacío, ultravacío, vacío ultra alto | ultra-alto vácuo, ultra-vácuo | baleiro extremo (presión que é inferior a <1×10-10 Pa) | extreme-ultrahigh vacuum, extreme high vacuum | alto vacío extremo | vácuo extremo |
|
|
© Área de Terminoloxía, SNL, USC © Canal Ciencia.com. ISSN 1988-7264
Contacte connosco |
|
|
|