Un idioma preciso

Un idioma preciso

Foro As súas precisións Ligazóns Índice de precisións
Un idioma preciso
 


preciso -a
. adx. 1.Exactamente determinado ou definido. 
2. Dise do que non é equívoco nin vago. 
3. Dise do que é necesario ou imprescindible.



A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser "un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén "un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é imprescindible que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.

Por eso, desde esta sección de canalciencia.com, coordinada pola Área de Linguaxes Especializadas do Servicio de Normalización Lingüística da USC, intentaremos contribuír ós dous tipos de "precisións", presentando para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma estable ou que se empregan de forma inadecuada. 

Cada número parte dun pequeno estudio elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles. Partindo dese traballo, convidamos a todas as persoas interesadas a opinar sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas, e a presentar e defender as súas propias alternativas no foro de debate creado para tal fin.

 

Foro

Deixe a súa opinión sobre a solución proposta no foro.

As súas precisións

Colabore na construcción dun idioma preciso e mande os seus propios informes ou  as súas dúbidas.

Ligazóns

Diccionarios e bancos terminolóxicos

Diccionarios e vocabularios galegos

 Outros

Máis ligazóns

0

Os "xulios" de Joule, os "amperios" de Ampere 
e outros exemplos dun caos de nomes.

 

Os termos presentes na linguaxe especializada deben manter a coherencia interna do idioma (non introducir irregularidades nel) e achegalo no posible ás outras linguas de cultura do noso contorno, sen caer na imitación automática do castelán. Un caso paradigmático en que estes dous obxectivos non se están cumprindo adecuadamente é o das denominacións das unidades físicas pertencentes ó Sistema Internacional (SI); nas liñas seguintes expoñeremos a situación presente e ofreceremos unha proposta alternativa de tratamento.

Unha das grandes carencias que de sempre se lle apuxeron ós diccionarios galegos foi a súa escasa atención ó léxico técnico e científico, que se manifestaba tanto na escaseza de entradas que recollían como nas imprecisións, e por veces puras aberracións, que se transmitían a través das definicións. Varios traballos do profesor Daviña Facal, como Problemas do léxico científico: Algunhas propostas de solucións  (ed. Xunta de Galicia) ou Lingua e ciencia (ed. Xerais) seleccionan moitos deses erros e propoñen solucións alternativas.

Outras veces as vacilacións e diverxencias entre diccionarios -ou incluso no interior dun único traballo- desorientan ós usuarios, que non saben qué camiño escoller entre os varios contradictorios que se lles ofrecen. Un dos exemplos máis evidentes e significativos que podemos ofrecer é o tratamento que eses diccionarios fan das unidades do Sistema Internacional (SI).

O primeiro problema que pode percibirse é a falta de sistematicidade na inclusión de unidades. É moi frecuente que en paradigmas pechados, como por exemplo é o das unidades fundamentais, non se inclúan todos os seus elementos, como se comproba na táboa seguinte, na que analizamos os dous traballos existentes que contan co aval da Real Academia Galega, e os dous diccionarios máis salientable publicados nestes tres últimos anos.

Unidades fundamentais recollidas

Vocabulario ortográfico da lingua galega

Diccionario da Real Academia Galega

Diccionario Cumio da lingua galega

Gran diccionario
Xerais da lingua

amperio

ampere

ampere

amperio

kelvin

 

kelvin

kelvin

quilogramo

quilogramo

quilogramo

quilogramo

metro

metro

metro

metro

mol

mol

mol

mol

segundo

segundo

segundo

segundo.

Nela vemos como a unidade básica de intensidade luminosa (a candela) non aparece recollida en ningunha das catro fontes, e ademais, como o Diccionario da Real Academia Galega non inclúe tampouco a unidade de temperatura termodinámica (o kelvin).

Pero ademais, aínda que as unidades estean recollidas nos diccionarios, o nome que se propón para elas varía entre uns e outros. Así, mentres nalgúns casos se ofrecen como formas adecuadas para o galego as denominacións internacionais (ampere, joule, volt, watt, ohm...), noutros propóñense formas adaptadas (amperio, xulio, voltio, vatio, ohmio...) seguindo unha liña que no noso contorno unicamente aplica o castelán. Algúns traballos incluso chegan a combinar as dúas liñas de tratamento, propondo denominacións internacionais para unhas unidades e denominacións adaptadas para outras. Na táboa seguinte podemos velo graficamente:

Outras unidades do SI recollidas

Vocabulario ortográfico da lingua galega

Diccionario da Real Academia Galega

Diccionario Cumio da lingua galega

Gran diccionario
Xerais da lingua

belio

 

belio

belio
(sec. “bel”)

coulomb;
 culombio

coulomb

coulomb

coulomb; culombio

decibelio

decibelio; decibel 

decibelio

decibelio

faradio

 

faradio

faradio

fonio

 

fonio

fonio 
(sec. “fon ”)

henrio

 

henry; henrio

henrio
(sec. “henry”)

hercio

hert

hertz 

hercio
(sec. “hertz; hertzio”)
 

oerstedio

 

oerstedio 

oerstedio 

ohmio

ohm

ohm 

ohmio
(sec. “ohm”) 

voltio

volt 

volt 

voltio 

wat; vatio

watt 

watt 

wat; vatio 

xulio

 

joule 

xulio 

belio

 

belio 

belio
(sec. “bel”)
 

coulomb;
 culombio

coulomb 

coulomb 

coulomb; culombio 

decibelio

decibelio; decibel 

decibelio 

decibelio

Perante este alto grao de variación, e para axudar ós usuarios, cremos que en galego é preferible optar por empregar de xeito sistemático as denominacións internacionais (bel, coulomb, farad, fon, henry, hertz, oersted, ohm, volt, watt, joule...) e desbotar as formas adaptadas, para achegarnos ás linguas do noso contorno, especialmente o portugués, e afastarnos do castelán, que neste aspecto segue un camiño propio, e insolidario coas outras linguas europeas de cultura.

Área de Linguaxes Especializadas,
Servicio de Normalización Lingüística


© Área de Linguaxes Especializadas S. N. L. da U. S. C
© canalciencia.com
Contacte connosco