| Un idioma preciso | preciso -a. adx.
1.Exactamente determinado ou definido.
2. Dise do que non é equívoco nin vago.
3. Dise do que é necesario ou imprescindíbel.
A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser "un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén "un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é imprescindíbel que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.
Por iso, desde esta sección de canalciencia.com, coordinada pola Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da USC, intentaremos contribuír aos dous tipos de "precisións", presentando para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma estábel ou que se empregan de forma inadecuada.
Cada número parte dun pequeno estudo elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles. Partindo dese traballo, convidamos a todas as persoas interesadas a opinar sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas, e a presentar e defender as súas propias alternativas no foro de debate creado para tal fin. | | Ligazóns | Dicionarios e bancos terminolóxicos
Dicionarios e vocabularios galegos do Servizo de Normalización Lingüística da USC da Xunta de Galicia do Seminario de Lingüística Informática da U. de Vigo máis materiais galegos Outros Eurodicautom: Banco de termos da Comisión da U. E. Datos en 12 idiomas oficiais da U. E. Euterpe :Banco de termos do Parlamento Europeo) Datos en 12 idiomas oficiais da U. E. Dicionario Logos: Dicionario multingüe o funcionamento do cal se describe con detalle aquí. Grand dictionnaire terminologique: Banco bilingüe inglés-francés da Administración do Quebec, Canadá. Base de Terminologie do Conseil International de la Langue Française. Datos en inglés-francés-castelán-alemán Cercaterm: Banco do Centro de Terminologia de Catalunya. O número de linguas varía segundo as áreas de especialidade. Onelook: Buscador que procura unha forma concreta en case 850 dicionarios electrónicos presentes na súa base de datos. Basicamente en inglés. Michaelis. Moderno dicionário da língua portuguesa: Dicionario portugués que conta con máis de 200 000 entradas e subentradas, con especial atención ao léxico especializado. Algunhas páxinas compiladoras de dicionarios e vocabularios en liña: O tradutor virtual Onelook Yourdictionary Ressources Internet da Universidade de Sherbrooke (Canadá) Terminology collection Máis ligazóns |
|
| | 104 | Outra vez anglicismos en –ing: branding |
Volvemos traer hoxe traemos aquí outra palabra inglesa rematada en -ing. Neste caso, trátase dunha forma (branding) que polo de agora circula só nos ámbitos restrinxidos dos textos económicos e empresariais e mais nos publicitarios, pero nos que acada unha
presenza a cada día maior.
|
Nestas especialidades emprégase para referirse ao ‘proceso polo que se intenta crear para un produto unha imaxe ou un nome diferenciados na mente dos seus potenciais destinatarios, normalmente a través de estratexias de tipo publicitario’.
Na
precisión anterior xa explicamos que as normas léxicas da gran maioría das linguas románicas (entre elas o galego) amósanse reticentes a integrar anglicismos rematados en
-ing, así que non imos insistir nesta cuestión nin volver xustificar que é conveniente intentar evitalos sempre que sexa posible. Imos pensar directamente nalgunha alternativa viable.
Vista a definición, e tendo en conta que o substantivo inglés se crea a partir de
brand, –equivalente do galego
marca– pensamos que formas como
construción de marca ou
creación de marca serían ben acaídas, xa que describen axustadamente o concepto e poden documentarse no uso real. E ademais, manteñen un importante paralelismo coas alternativas propostas para o francés (stratégie de marque) e o catalán (construcció de marca).
Quen opte por seguir empregando en galego a forma inglesa, amparándose en que a RAG acepta estranxeirismos como
cámping, smóking ou márketing, debe aplicar sobre esa forma as regras acentuais do galego e escribila como
bránding.
|
En calquera caso, nós apostamos claramente pola primeira das posibilidades, xa que polo momento o anglicismo non ten un grao de penetración relevante na lingua común, o que facilitaría a súa substitución progresiva.
| | |
En linguas como o portugués ou o castelán, poden documentarse
opinións
críticas coa popularización do uso da forma inglesa, pero ningunha das propostas alternativas acadou polo de agora un nivel mínimo de representatividade.
| | | © Área de Terminoloxía, SNL, USC © Canal Ciencia.com. ISSN 1988-7264
Contacte connosco |
|
|
|