|
Algúns
dicionarios e vocabularios dicíannos que debiamos empregar faba (o nome máis espallado), pero outros defendían unha opinión
diferente e aconsellaban o uso de feixón,
argumentando que o nome faba
debía reservarse para nomear en galego a Vicia
faba (vid.
imaxes da planta).
Esta dúbida
–que nos permitía imaxinar fabadas feitas sen fabas–
aclarouna o Diccionario da Real Academia Galega na súa edición de 1997, ao
considerar que faba, feixón e fabeira son
tres nomes aceptables en galego[1]
para nomear a Phaseolus
vulgaris e as súas sementes.[2]
A pesar
diso, séguense atopando traballos
nos que se mantén aínda a distinción sinalada no primeiro parágrafo,
nalgúns casos en boletíns
oficiais ou en documentación producida pola propia
Administración, se cadra, pola necesidade de darlle un nome
galego á Vicia faba. Pero para facer iso non fai falta recorrer a ningunha
segmentación artificiosa, pois a Vicia
faba é coñecida entre nós como faba
loba, faballón ou fabaca,
probablemente polo seu maior tamaño e a súa menor calidade en
comparación coa faba.
Pero a
lea de nomes e especies non acaba aquí, pois outras fontes (como
por exemplo o Diccionario
galego-castelán de Franco Grande) vinculan faba loba, non a
Vicia faba
senón ao xénero dos Lupinus,
coñecidos en castelán como altramuces,
e dos que no noso contorno se cultivan fundamentalmente tres
especies (Lupinus
luteus, Lupinus
albus e Lupinus
angustifolius). Tampouco neste caso a documentación
galega conseguiu fixar unha denominación estable para elas:
Evidentemente,
parece aconsellable intentar reducir esta diversidade, pois pode
dificultar a identificación da especie a que aludimos nos casos
en que a forma galega non vaia acompañada do nome científico.
Desde o noso punto de vista, débese potenciar o uso das formas
tradicionais galegas –pois están documentadas desde hai máis
de 100 anos–, sobre todo tendo en conta que altramuz e tremoceiro
parecen chegar a nós por mediación do castelán e do portugués
respectivamente.[4]
|
En
resumo, podemos empregar indistintamente faba
e feixón á hora de referirnos á leguminosa Phaseolus vulgaris; evitando recorrer á primeira como nome galego
da Vicia faba,
pois ese lugar correspóndelle a faba
loba. Finalmente, usaremos chícharo
de raposo ou chícharo
bravo –ou en todo caso tremoceiro–
para designar as leguminosas do xénero Lupinus,
engadindo o adxectivo que corresponda cando haxa que
nomear as especies máis coñecidas entre nós (Lupinus
luteus: chícharo
de raposo amarelo; Lupinus
albus: chícharo de raposo branco; Lupinus
angustifolius: chícharo
de raposo azul ou chícharo
de raposo de folla estreita). |
[2]
A algunhas variedades de Phaseolus consómeselles tamén a vaíña que protexe as sementes
cando estas se están formando; estas vaíñas reciben o nome de
feixón
verde ou cornella
(ES: judía verde, EN: green bean).
|