Un idioma preciso

Un idioma preciso

Foro As súas precisións Ligazóns Índice de precisións
Un idioma preciso
 


preciso -a
. adx. 1.Exactamente determinado ou definido. 
2. Dise do que non é equívoco nin vago. 
3. Dise do que é necesario ou imprescindible.



A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser "un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén "un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é imprescindible que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.

Por eso, desde esta sección de canalciencia.com, coordinada pola Área de Linguaxes Especializadas do Servicio de Normalización Lingüística da USC, intentaremos contribuír ós dous tipos de "precisións", presentando para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma estable ou que se empregan de forma inadecuada. 

Cada número parte dun pequeno estudio elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles. Partindo dese traballo, convidamos a todas as persoas interesadas a opinar sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas, e a presentar e defender as súas propias alternativas no foro de debate creado para tal fin.

 

Foro

 
Deixe a súa opinión sobre a solución proposta no foro.

As súas precisións

 Colabore na construcción dun idioma preciso e mande os seus propios informes ou  as súas dúbidas.

Ligazóns

Diccionarios e bancos terminolóxicos

Diccionarios e vocabularios galegos

 Outros

Máis ligazóns

O xirasol que dá patacas…

37

Na maior parte das “precisións” que vimos difundindo presentamos casos nos que termos do castelán ou do inglés suplantan un nome galego preexistente ou dificultan que este se cree e se implante. Para comprobalo, abonda con repasar por riba as “Precisións anteriores” deste sitio web.

Porén, o caso de hoxe radicalmente distinto, polo menos en aparencia: un termo castelán que emprega un nome galego (ou polo menos que coincide cunha palabra galega), pero facendo referencia a un concepto distinto en cada unha das dúas linguas. Por isto, non podemos aproveitar o nome galego para referirnos ao mesmo concepto que designa en castelán se non queremos abrirlle a porta a unha segura ambigüidade. Relatada a situación así en abstracto parece imposible de comprender, pero vendo o exemplo concreto as cousas acláranse. 

Helianthus tuberosusO xénero Helianthus agrupa unha serie de especies vexetais da familia das compostas, a máis coñecida das cales é o xirasol. Outra especie deste xénero é o Helianthus tuberosus (vid. imaxes), empregado en alimentación, en medicina, como materia prima para a produción de enerxía, etc. Pois ben, en castelán esta planta é coñecida con nomes moi diversos, pero un dos máis difundidos é ¡sorpresa!… pataca

Non estamos en condicións de afirmar que este termo sexa un galeguismo en castelán,[1] pero sexa como for, o que parece evidente é que á hora de buscar un nome galego para o Helianthus tuberosus debemos evitar o uso desa denominación para non provocar confusións coa nosa galeguísima pataca de toda a vida (Solanum tuberosum). Tendo en conta que esa especie non está documentada no territorio galego e que, xa que logo, non cabe agardar que exista un nome tradicional para ela, a nosa proposta de denominación galega deberá basearse fundamentalmente na comparación coas formas empregadas para este labor polas linguas do noso contorno.

O resultado desa comparación é o seguinte:

Cynara scolymusCon toda esta información na man, parece que poderiamos optar entre tres denominacións: alcachofa de Xerusalén (a máis frecuente nas linguas observadas), tupinambo (a máis fiel ao nome orixinal americano da especie e, sobre todo, do seu froito) e xirasol pataqueiro (a menos frecuente, pero a máis coherente desde o punto de vista taxonómico e descritivo, xa que a vincula ás outras especies do xénero Helianthus e indica a súa característica máis salientable). 

 

 

 

Desde o noso punto de vista sería preferible quedarse con calquera das dúas últimas e evitar a primeira, xa que nin a especie que nos ocupa ten nada que ver coa alcachofa (Cynara scolymus) nin procede de Oriente (a pesar como se podería supor polo “Xerusalén” do nome), senón que se introduciu en Europa no século xvii procedente de América. 



[1] Os dicionarios etimolóxicos nesta lingua prefiren explicalo como contaminación entre patata e o italianismo pataca (moeda antiga).


© Área de Linguaxes Especializadas do SNL da USC
© canalciencia.com

Contacte connosco