| Un
idioma preciso |
|
|
|
preciso
-a.
adx. 1.Exactamente determinado ou definido.
2. Dise do que non é equívoco nin vago.
3. Dise do que é necesario ou imprescindible.
|
|
A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser
"un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén
"un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é imprescindible que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.
Por eso, desde esta sección de canalciencia.com, coordinada pola
Área de Linguaxes Especializadas do
Servicio de Normalización Lingüística da
USC, intentaremos contribuír ós dous tipos de "precisións", presentando para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma estable ou que se empregan de forma inadecuada.
Cada número parte dun pequeno estudio elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles. Partindo dese traballo, convidamos a todas as persoas interesadas a opinar sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas, e a presentar e defender as súas propias alternativas no foro de debate creado para tal fin.
|
|
| Foro |
 |
Deixe a súa opinión sobre a solución proposta no foro.
|
| As
súas precisións
|
|
Colabore
na construcción dun idioma preciso e mande os seus propios
informes ou as súas dúbidas.
|
| Ligazóns |
 |
Diccionarios
e bancos terminolóxicos
Diccionarios
e vocabularios galegos
Outros
Máis
ligazóns
|
|
|
|

|
Seguimos dentro do corpo: as fibrilas
|
|
|
Precisión 414
|
|
Seguro que a ningún dos lectores
desta precisión lles cumprirá que os informemos de que o nome
galego que reciben unha fibra de pequeno tamaño é fibriña
(ES: fibrilla; EN: fibril).
|
|
Pero,
despois de todo o dito sobre os “falsos amigos” en precisións
anteriores, non debemos caer no erro de pensar que todos os
conceptos que en castelán reciban o nome de fibrilla deben
nomearse en galego como fibriña.
Iso
é o que pareceron pensar os redactores do Diccionario de
psicoloxía e educación cando propuxeron o nome de *fibriña
para un concepto de anatomía que outras fontes definen con maior
precisión como un ‘elemento estrutural filiforme, presente nas
paredes dalgunhas células, que é visible ao microscopio’ (EN: fibril
ou fibrilla;
PT: fibrila;
ES: fibrilla).
Moito máis razoable parece defender o uso de fibrila, tal
e como propoñen o Diccionario
galego de termos médicos, o Gran diccionario Xerais da
lingua ou o Vocabulario de ciencias naturais.
Dicimos
que é máis razoable porque o termo non se forma en galego
partindo do substantivo fibra, senón que se trata dun
cultismo creado modernamente a partir do latín fibrilla
(fibra pequena), que simplemente sofre a simplificación do -l-
dobre para adaptalo á pronuncia. Xa que logo, trátase dun
proceso paralelo ao que viviu outro termo anatómico, como é mamila
(EN: mamilla;
PT: mamilo;
ES: mamila),
que tamén chegou ás linguas actuais como cultismo proveniente do
latín mamilla
(mama pequena), aínda que neste caso ninguén pretende
sobreadaptala ao galego como *mamiña –polo menos iso
espero–.
Segundo
o tipo de células en que aparezan distínguense varios tipos de
fibrilas:
-
miofibrilas
(EN: myofibril;
PT: miofibrila;
ES: miofibrilla).-
Pequenas fibras microscópicas constitutivas da fibra
muscular’
-
neurofibrilas
(EN: neurofibril;
PT: neurofibrila;
ES: neurofibrilla).-
Rede fibrilar que se estende en tódalas direccións polo
citoplasma do corpo dunha neurona e que se estende desde unha
dendrita cara a outras e ó axon. Co microscopio electrónico
pode verse que está formada por agregacións de
neurofilamentos e neurotúbulos.
-
tenofibrilas
ou tonofibrilas (EN: tenofibril,
tonofibril;
PT: tonofibrila;
ES: tonofibrilla).-
Cada
unha das fibras finas que se atopan entre as células
epiteliais, dispostas mediante pontes intercelulares.
|
Como
se pode ver, nesta precisión non só non imos apoiar as
nosas recomendacións coa autoridade das fontes en que as
documentamos, senón que a nosa proposta –empregar fibrila,
miofibrila, neurofibrila e tenofibrila/tonofibrila–
contradí parcialmente as recomendacións explícitas do Diccionario
galego de termos médicos, avalado pola Real Academia
de Medicina e Cirurxía de Galicia e polo Seminario de
Lexicografía da Real Academia Galega.
Pero é que neste caso a falta de coherencia
interna destas recomendacións é tan evidente que non nos
queda máis volta ca ignoralas. |
|
|
© Área de Linguaxes
Especializadas do SNL da USC
© canalciencia.com
Contacte
connosco |
|
|
|