| Un
idioma preciso |
|
|
|
preciso
-a.
adx. 1.Exactamente determinado ou definido.
2. Dise do que non é equívoco nin vago.
3. Dise do que é necesario ou imprescindible.
|
|
A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser
"un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén
"un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é imprescindible que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.
Por eso, desde esta sección de canalciencia.com, coordinada pola
Área de Linguaxes Especializadas do
Servicio de Normalización Lingüística da
USC, intentaremos contribuír ós dous tipos de "precisións", presentando para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma estable ou que se empregan de forma inadecuada.
Cada número parte dun pequeno estudio elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles. Partindo dese traballo, convidamos a todas as persoas interesadas a opinar sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas, e a presentar e defender as súas propias alternativas no foro de debate creado para tal fin.
|
|
| Foro |
 |
Deixe a súa opinión sobre a solución proposta no foro.
|
| As
súas precisións
|
|
Colabore
na construcción dun idioma preciso e mande os seus propios
informes ou as súas dúbidas.
|
| Ligazóns |
 |
Diccionarios
e bancos terminolóxicos
Diccionarios
e vocabularios galegos
Outros
Máis
ligazóns
|
|
|
|

|
Depurando auga por *lagunaxe
|
|
|
51
|
|
No ámbito da xestión
ambiental, á hora de propor sistemas de depuración de augas
que poidan ser aplicados en pequenos núcleos de poboación, inténtase
reducir todo o posible o impacto ambiental e os custos das
instalacións que se crean.
|
|
Entre os
diferentes sistemas que se aplican (filtro verde, infiltración
rápida, escorremento superficial, leitos de turba ou area,
zonas húmidas…) interésanos atender hoxe ao que por
veces se nomea entre nós como *lagunaxe. Baséase en
acumular a auga en pequenas lagoas[1]
nas que determinadas bacterias asimilan ou metabolizan a
materia orgánica, liberando anhídrido carbónico, amoníaco
e sales minerais que permiten o desenvolvemento das algas,
as cales fixan o anhídrido carbónico e liberan o osíxeno
que pola súa parte é reutilizado polas bacterias (vid.
unha imaxe
ilustrativa).
Esa suposta forma galega está
construída seguindo a mesma estrutura cás denominacións
empregadas en portugués (lagunagem),
inglés (lagooning),
castelán (lagunaje),
francés (lagunage)
ou italiano (lagunaggio),
pero esta argumentación resulta invalidada desde o momento
en que a norma léxica do galego rexeita o uso de *laguna
por ser un préstamo superfluo do castelán que suplanta a
forma propia lagoa.[2]
|
Tendo
iso en conta, para darlle nome ao concepto que nos
ocupa deberiamos optar por neoloxismos como lagoaxe
ou lacunaxe[3]
–se queremos formar a palabra usando o mecanismo
visto nas linguas veciñas– ou por depuración en
lagoas se preferimos usar unha forma máis
descritiva.
|
Pola contra, nos dicionarios
portugueses esta denominación non se marca como un
castelanismo, senón como un préstamo do veneciano (ou
nalgúns casos, como unha evolución do latín lacuna). Amais, recóllese co significado de ‘braço de mar pouco
profundo, entre ilhas ou bancos de areia’.
O primeiro neoloxismo toma como base o substantivo
patrimonial lagoa;
o segundo, o latinismo lacuna,
en paralelo ao que se fai en adxectivos como lacunoso
ou lacunar.
|
|
© Área de Linguaxes
Especializadas do SNL da USC
© canalciencia.com
Contacte
connosco |
|
|
|