|
Por
unha parte, vemos que arpilleira
tratábase como unha denominación galega nalgúns
dicionarios históricos, como o de Porto
Rey (1900), e que esta forma segue tendo un uso
frecuente, como se constata no Glosario
de voces galegas de hoxe, ou en documentación
real. Pero pola contra, no Gran
diccionario Xerais da lingua, desaconséllase o uso
deste nome, e proponse no seu lugar esteira.
Ningunha
das dúas pólas desta disxuntiva nos parece aconsellable:
-
arpilleira
parece un castelanismo que se intenta travestir de
palabra galega a través do cambio de sufixo.
-
esteira
describe un concepto moi próximo, pero non idéntico,
como podemos comprobar vendo a definición do DRAG
ou do propio Gran
Xerais. É parcialmente diferente o material, xa que
a “esteira” pode estar formada por palma, canas ou
xuncas mentres que a “arpilleira” elabórase con
fibras téxtiles de baixa calidade; pero é tamén
diferente a función, pois a “esteira” úsase
fundamentalmente para protexer o chan, mentres que as
utilidades da “arpilleira” son moito máis diversas.
Entón
non nos queda máis ca seguir analizando outras
posibilidades:
-
No
e-Estraviz
proponse o emprego da forma portuguesa serapilheira
(ou serapilleira,
se o grafamos de acordo coa norma da RAG).
-
Tamén
sería posible empregar tea
de saco, denominación usada nalgúns dos traballos
etnográficos de Xaquín Lorenzo ou de Vicente Risco (pódense
atopar os textos procurando no TILG),
e presente tamén en documentación
electrónica actual.
Unha
terceira alternativa estaría baseada en razóns etimolóxicas:
se partimos da base de que arpillera
é un catalanismo ou un occitanismo antigo, relacionado co
occitano moderno serpilho,
e se temos en conta que o galego zarapello[1]
ten tamén relación con este termo,[2]
cabería a posibilidade de propor un neoloxismo como zarapelleira para nomear o concepto que hoxe nos ocupa.
|
Tendo
en conta que calquera destas tres alternativas conta
cun nivel de uso moi reducido en galego, non
atopamos argumentos para destacar exclusivamente
unha delas como “a boa”. O que si podemos facer
é deixar constancia da nosa opinión, e esta sería
a seguinte:
Pensamos
que *arpilleira é un castelanismo travestido de galego que se debe
evitar. Á hora de elixir unha forma alternativa
quedariamos con tea
de saco –a única documentada en usos
vivos–, pero recolleriamos zarapelleira
como un posible sinónimo, asentado en raíces
galegas e conectado formalmente co portugués e as
linguas do contorno. |
[1]
Esta palabra recóllese nos dicionarios de Valladares
(1884), Filgueira (1926), Carré (1928-31), así como no
Gran dicionario
Xerais da lingua, sempre co significado de “anaco
de roupa ou de tea vellas”.
[2]
Toda esta
argumentación etimolóxica –excepto a proposta do
neoloxismo– recóllese do Diccionario
crítico etimológico castellano e hispánico
de Corominas e Pascual.
|