Área de Terminoloxía 
Servizo de Normalización Lingüística
USC

Foro

Ligazóns

Índice de precisións

Un idioma preciso

 

preciso -a. adx. 
1.Exactamente determinado ou definido. 
2. Dise do que non é equívoco nin vago. 
3. Dise do que é necesario ou imprescindíbel.

 
A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser "un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén "un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é imprescindíbel que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.

Por iso, desde esta sección de canalciencia.com, coordinada pola Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da USC, intentaremos contribuír aos dous tipos de "precisións", presentando para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma estábel ou que se empregan de forma inadecuada. 

Cada número parte dun pequeno estudo elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles. Partindo dese traballo, convidamos a todas as persoas interesadas a opinar sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas, e a presentar e defender as súas propias alternativas no foro de debate creado para tal fin.
 
Ligazóns

Dicionarios e bancos terminolóxicos

Dicionarios e vocabularios galegos

 Outros

Máis ligazóns

 
 
Castelanismos travestidos: a “arpilleira”
58

Diáclases, plaxioclasios e 
outros cultismos con -
klastós


O elemento grego -klastós (que significaba ‘rotura’ ou ‘fragmento’) vénse empregando nas linguas occidentais como formante culto na creación de termos que teñen como trazo significativo esa idea de ‘ruptura’.

Ortoclasio. Orixinal en http://depa.pquim.unam.mx/~roperez/imagenes/Ortoclasa.jpgAsí emprégase:

  • Para darlle nome a instrumentos médicos que serven para romper estruturas duras do organismo, baixo a forma -clasto [EN: -clast; PT: -clasto; ES: -clasto]: cranioclasto, litoclasto, osteoclasto

  • Para designar diferentes tipos de células que teñen en común a capacidade de atacar e destruír determinados tecidos, tamén coa mesma forma -clasto: cementoclasto, condroclasto, odontoclasto, osteoclasto

  • Aínda coa mesma forma, para referirse en xeoloxía a fragmentos de rocha creados pola acción de axentes físicos: clasto, piroclasto

  • Para nomear en xeoloxía diferentes tipos de fractura, normalmente con denominacións rematadas en -´clase: diáclase, litóclase (VOLG, Gran Xerais…) ou catáclase[1] (Diccionario das ciencias da natureza e da saúde).
    Formas semellantes son tamén empregadas polo portugués (
    catáclase, diáclase, litóclase…)[2], o inglés (cataclasis, diaclasis, lithoclase…) e o castelán (cataclasis, diaclasa, litoclasa…). Nas tres linguas é tamén posible percibir irregularidades denominativas moi semellantes ás que indicamos en galego na nota anterior.

  • Tamén en xeoloxía, para designar algúns minerais do grupo dos feldespatos.
    Se nos casos anteriores había unha alta unanimidade á hora de elixir a forma que adoptaba o -klastós grego, neste caso os traballos galegos optan por liñas diverxentes:

  • Vocabulario de ciencias naturais e o Gran diccionario Xerais recomendan o emprego de -clasa (anortoclasa, oligoclasa, ortoclasa, plaxioclasa) que é o mesmo modelo seguido polo castelán (anortoclasa, oligoclasa, ortoclasa, plagioclasa).

Por moito que este mal sexa común parécenos que segue sendo aconsellable facer unha proposta de regularización de usos nos dous casos en que as fontes documentais galegas apuntaban a camiños distintos. Por iso, tendo en conta a autoridade normativa de cada unha delas, aconsellamos:

  • Empregar -´clase (diáclase, litóclase, catáclase) para designar os tipos de fracturas xeolóxicas que se formen a partir de -klastós.

  • Empregar -clasio (anortoclasio, oligoclasio, ortoclasio, plaxioclasio) para nomear os minerais do grupo dos feldespatos construídos a partir do mesmo formante grego.


[1] Porén, neste caso xa non existe unanimidade entre as fontes galegas, posto que o Gran Xerais e o Vocabulario de ciencias naturais propuñan cataclase.

[2] Aínda así, as variantes, cataclase, diaclase e litoclase tamén teñen unha presenza significativa ou,  nalgúns casos –diaclase–, moi maioritaria.

[3] Na medida en que se trata de unha obra na que só están publicadas as entradas correspondentes ás letras A, B e C, non podemos facer unha afirmación máis atrevida.

[4] O uso de -clásio é máis frecuente no portugués do Brasil, e o de -clase na variedade europea.


© Área de Terminoloxía, SNL, USC
© canalciencia.com

Contacte connosco