|
Hoxe
imos escribir sobre un –o bullying– que nos ha
permitir amais establecer paralelos con outro deses casos
conflitivos xa estudados: o mobbing.
En
inglés, coñecen como bullying
un tipo de acoso físico e emocional que unha persoa
realiza sobre outra, aínda que o uso real da palabra
parece especializarse na designación do acoso que nenos
ou adolescentes realizan sobre outros.
Como
ese tipo de maltratamento ten no contorno escolar un dos
seus escenarios principais, na documentación en galego vénse
empregando acoso
escolar ou violencia
escolar como denominacións alternativas á do
inglés.
Propostas
paralelas a estas podemos atopalas na maioría das linguas
do noso contorno, como en castelán (acoso
escolar), francés (harcèlement
à l'école ou intimidation
à l’école) ou catalán (assetjament
escolar). Pola contra, o italiano
opta por adaptar graficamente o termo inglés como bullismo,
e o portugués limítase a importalo sen modificacións (bullying).
Situados
na disxuntiva de recomendar o uso da forma inglesa ou
propor a súa substitución por algunha das dúas
denominacións galegas que indicamos máis arriba,
apoiariamos claramente a segunda alternativa. Pero somos
tamén conscientes de que formas como acoso
escolar ou violencia escolar restrinxen dalgunha forma o alcance do concepto
pois, como dixemos máis arriba, o maltratamento pode
producirse nos contornos máis diversos, e non
necesariamente na escola.
Unha alternativa que evitaría esta restrición
sería propor un neoloxismo galego para designar ese
concepto. Unha posibilidade viable na teoría sería
reaproveitar o substantivo galego abusón
para, partindo del, construír un termo como abusonismo. Unha forma coma esta recollería os elementos esenciais
do concepto (o maltrato tanto físico como psicolóxico e
o feito de que son nenos ou adolescentes os seus actores)
e non se restrinxe ao ámbito escolar.
|
Despois
de todo o devandito, cremos que:
En
galego debe evitarse o uso da forma inglesa bullying
No
seu canto pode recorrerse a alternativas como acoso
escolar ou violencia escolar, amplamente documentadas en textos reais.
A
proposta de abusonismo
non é máis ca unha botella tirada ao mar por se
algún dos seus potenciais usuarios quere
recollela. No seu estado actual –sen presenza
ningunha na lingua viva– non podemos presentala
como a alternativa recomendada |
|