|
E
isto porque nesta precisión queremos volver falar de falsos
amigos, como xa fixemos nos números 12
e 35,
por poñer dous exemplos.
En
galego, conceptos como ‘que pode ser percibido polos
sentidos’, ‘que ten sensibilidade’ ou ‘que se
altera ou modifica con facilidade’ son designados coa
forma sensible.
Esta palabra tamén se emprega en inglés,
pero o seu valor só coincide parcialmente co que acabamos
de indicar: aplícaselle ao ‘que pode ser percibido
polos sentidos’, ao ‘que pode recibir impresións
sensoriais’ e ao ‘que amosa bo siso’.
Polo
tanto, vemos que non podemos tratar como equivalentes
ambas as dúas denominacións, xa que unha frase como a
sensible decision (na que sensible posuiría o
terceiro dos valores indicados) tería como equivalente
galego unha decisión asisada e non *unha decisión
sensible.
E
ao revés, algún dos conceptos que en galego designamos
coa forma sensible (como por exemplo o ‘que ten
sensibilidade’) correspóndense co inglés sensitive
e non con sensible. Así, unha frase como sensible
ao contacto corresponderíase co inglés sensitive
to touch e
non cun hipotético *sensible
to touch.
Pero
que acabamos de dicir non implica tampouco que todos os
valores do inglés sensitive poidan atribuírselle
ao galego sensible, xa que en contextos como sensitive
information ou sensitive
matter o adxectivo alude a un concepto que
poderiamos describir como ‘que debe manterse en
segredo’ ou ‘que ten a máxima importancia’, e que
se corresponde moito mellor con formas galegas como secreto,
privado,
confidencial,
relevante
ou delicado
segundo os contextos.
|
Como
conclusión de todo o devandito, debemos fuxir
unha vez máis das equivalencias automáticas,
pois o sensible galego non se corresponde
exactamente nin co sensible nin co sensitive
do inglés.
Xa
que logo, debemos evitar o emprego de información
sensible, datos sensibles e expresións
semellantes en galego (non sendo que queiramos
referirnos a ‘información que ten
sensibilidade’, claro). No seu canto, podemos
empregar algún dos adxectivos antes indicados,
elixindo aquel que mellor acaia ao contexto. |
|