|
|
Un
idioma preciso |
| |
|
preciso
-a.
adx.
1.Exactamente determinado ou definido.
2. Dise do que non é equívoco nin vago.
3. Dise do que é necesario ou imprescindíbel. |
| |
A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser
"un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén
"un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é
imprescindíbel que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.
Por iso, desde esta sección de canalciencia.com, coordinada pola
Área de Terminoloxía do
Servizo de Normalización Lingüística da
USC, intentaremos contribuír aos dous tipos de "precisións", presentando para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma
estábel ou que se empregan de forma inadecuada.
Cada número parte dun pequeno estudo elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles. Partindo dese traballo, convidamos a todas as persoas interesadas a opinar sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas, e a presentar e defender as súas propias alternativas no foro de debate creado para tal fin.
|
| |
| Ligazóns |
Dicionarios
e bancos terminolóxicos
Dicionarios
e vocabularios galegos
Outros
Máis
ligazóns |
| |
| |
|
|
|
| Castelanismos travestidos: a “arpilleira” |
 |
As
tres fases do parto |
|
Os profesionais da obstetricia distinguen tres
períodos no desenvolvemento dun parto: a dilatación
(no que o colo do útero vai abríndose ata uns 10 cm para
permitir o paso do neno), a expulsión
ou período expulsivo (no que o neno sase desde o útero ata o
exterior) e un terceiro no que –despois
de saír o neno ao exterior– se expulsan os anexos
fetais (cordón umbilical, placenta, membranas...).
|
|
Como
se pode ver, non indicamos a denominación galega desta última
etapa porque determinar cál debería ser vaise converter
no obxectivo da precisión que están a ler.
A
forma máis empregada en galego para referirse a ela é *alumeamento,
un calco evidente do alumbramiento
que se utiliza en castelán.
Esta vía non nos parece recomendable xa que todas as
outras linguas do noso contorno optan por nomes que
remiten á idea de ‘quitar’ ou ‘retirar’ (dequitadura,
dequitação
ou livramento
en portugués, délivrance
en francés, delivery
of placenta en inglés ou deslliurament
en catalán); ou ben toman como base o nome secundina
(co que o latín designaba a placenta) para formar
substantivos como secundamento
(portugués) ou secondamento
(italiano).
Unha
razón máis que nos leva a desaconsellar o uso de *alumeamento,
é que en galego tamén podemos seguir un mecanismo
paralelo ao que acabamos de ver nos idiomas veciños. Así,
tomando como base librar
–que designa o concepto de ‘expulsar a placenta
despois do parto’– crear un neoloxismo como libramento,
para designar esa terceira fase. Porén, a esta proposta
pode apoñérselle un lado escuro desde o punto de vista
da pragmática: tanto o verbo librar, como formas de aí derivadas (libracións, libranzas, libras…)
teñen un uso real restrinxido ao ámbito da veterinaria e
ao nivel popular da lingua: xa que logo, pode haber quen
considere que falar do “libramento” nun contexto culto
e médico é inapropiado e ‘vulgarizante’.
Pero,
por seguir debatendo contra nós mesmos, é tamén certo
que en diferentes puntos de Galicia existe a advocación
da Virxe
do Libramento, avogosa dos bos partos. E non parece
probable que se esa denominación tivese connotacións
vulgares fose empregarse nesa situación.
|
En
resumo: desde o noso punto de vista, son moitos os
argumentos que avalan a proposta de empregar libramento como denominación galega para a terceira das fases do
parto. Quen considere que esa forma ten un
“aire” de vulgaridade que non é conveniente
para os contextos técnicos –a nós non nolo
parece– debería evitar o uso de *alumbramento,
e recorrer a algunha forma descritiva como expulsión
da placenta ou expulsión
das secundinas que, polo momento, non teñen
presenza no uso real. |
|
|
|
|