|
Alí
chegaramos á conclusión de que bolboreta
(EN: butterfly;
ES: mariposa;
PT: borboleta)
debía empregarse para designar as especies que
tradicionalmente se agrupaban dentro da suborde Rhopalocera,
caracterizadas polas súas antenas a xeito de maza e de
extremo engrosado, e por situaren as ás en posición
vertical durante o repouso. Para as especies da suborde Heterocera,
recoñecibles polas súas antenas dentadas, peptinadas,
bipeptinadas ou cuadripeptinadas, e porque en repouso sitúan
as ás en posición horizontal, aconsellamos o uso de avelaíña
(EN: moth.
ES: polilla.
PT: traça
[Pt.]; mariposa
[Br.]).
A
onde non chegamos alí –e a onde nos leva a consulta da
que antes falamos– é aos nomes que reciben as larvas
destas últimas.
Tanto
as bolboretas como as avelaíñas teñen un ciclo
biolóxico moi complexo, no que pasan por catro fases
diferentes (ovo, eiruga, crisálida e imago), durante as
cales a súa fisioloxía e o seu aspecto externo muda
totalmente. Por ese motivo non é raro que exemplares da
mesma especie reciban a nivel popular nomes diferentes en
distintos estadios do seu desenvolvemento.
Exactamente
iso é o que acontece con algunhas especies de avelaíña,
fundamentalmente dos xéneros Tineola
e Tinea.
Durante o seu estado larvario atacan os tecidos,
provocando perforacións neles, pero como o seu aspecto
non permite asocialas aos exemplares adultos, recibiron en
galego un nome diferente, principalmente o de trilla
(ES: polilla).
Outras
veces, estas larvas foron vinculadas ás doutras especies
de insectos (fundamentalmente coleópteros das familias Anobiidae,
Lyctidae
e Cerambycidae
–especialmente dos xéneros
Xestobium
e Anobium–),
que producían efectos semellantes na madeira,
no papel ou na roupa; de tal xeito que o nome que se
empregaba para estes (couza)
estendeuse tamén ás larvas de avelaíña. Finalmente,
esta atribución incorrecta acabouse estendendo tamén ás
outras denominacións que eses coleópteros recibían en
galego (traza,
corta
ou caruncho).[1]
|
É
evidente que a lingua común non ten por qué ter
un grao de precisión equiparable ao que lle
esiximos á comunicación especializada. Por iso,
pensamos que a ese nivel a indeterminación que
acabamos de apuntar pode ser perfectamente
asumible.
Pero
isto non se contradí co feito de que, en ámbitos
científico-técnicos, sexa recomendable intentar
empregar nomes diferentes para a designación
deses dous tipos de insectos. Xa que logo, parece
mellor usar trilla para referirse ás larvas da avelaíña, e couza, traza, corta
e caruncho[2]
como
designación das “diversas especies de insectos
coleópteros da familia dos anobíidos que se
alimentan de substancias vexetais, especialmente
da madeira empregada na construción, mobles, algúns
produtos alimenticios e papel”. |
|