Área de Terminoloxía 
Servizo de Normalización Lingüística
USC

Foro

Ligazóns

Índice de precisións

Un idioma preciso

 

preciso -a. adx. 
1.Exactamente determinado ou definido. 
2. Dise do que non é equívoco nin vago. 
3. Dise do que é necesario ou imprescindíbel.

 
A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser "un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén "un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é imprescindíbel que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.

Por iso, desde esta sección de canalciencia.com, coordinada pola Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da USC, intentaremos contribuír aos dous tipos de "precisións", presentando para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma estábel ou que se empregan de forma inadecuada. 

Cada número parte dun pequeno estudo elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles. Partindo dese traballo, convidamos a todas as persoas interesadas a opinar sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas, e a presentar e defender as súas propias alternativas no foro de debate creado para tal fin.
 
Ligazóns

Dicionarios e bancos terminolóxicos

Dicionarios e vocabularios galegos

 Outros

Máis ligazóns

 
 
Castelanismos travestidos: a “arpilleira”

74

Anglicismos de matute: a *xentrificación

 

Tanto no ámbito do urbanismo como no da socioloxía está comezando a acadar presenza pública a denominación xentrificación, que designa o ‘anovamento, reconstrución e revalorización económica que vive un barrio degradado ou habitado por poboación con rendas medias ou baixas, cando as clases medias-altas comezan a adquirir e ocupar vivendas nel, desprazando ás veces aos habitantes tradicionais, o que acaba producindo cambios na composición social da poboación, nas actividades comerciais, etc.’


Trátase dunha forma paralela ao gentrificação do portugués, ao gentrificación do castelán ou ao gentrification do francés, todas elas simples adaptacións gráficas do inglés gentrification. Nesta lingua, ese substantivo formouse a partir de gentry,[1] nome co que se coñece unha clase social inglesa do Antigo Réxime, situada xusto por debaixo da aristocracia na pirámide estamental.

Todas estas denominacións –maioritarias no uso real– rompen a relación que debería existir co significado do termo, que resulta imposible de deducir a partir daquelas. Por iso, en todas esas linguas propoñen nomes alternativos, partindo de substantivos propios que tiñan significados semellantes ao gentry inglés:

 

Tendo en conta isto, e aproveitando o feito de que a xentrificación ten aínda moi pouca presenza en galego –non se documenta en Internet, por exemplo–[3], pensamos que estamos a tempo de evitar a importación da denominación inglesa (por moito que se vista co -x- para parecer galega), e de apostar por denominacións como aburguesamento, elitización ou ennobrecemento.

 


[1] En realidade esta denominación é adaptación dun galicismo derivado de gentil.

[2] No Quebec, o anglicismo é un termo desaconsellado.

[3] Pola contra, si aparece o castelanismo gentrificación nalgúns textos escritos en galego.


© Área de Terminoloxía, SNL, USC
© canalciencia.com

Contacte connosco