|
En
galego hai varios, pero e-learning
parécenos un dos máis evidentes. Razóns? Hainas
sobras:
-
Ese e-
que aparece ao comezo e que se separa con guión
como se for un prefixo.
-
A grafía, que non
encaixa nos padróns do galego (Cantas palabras
temos que acaben en –ing alén de cámping,
footing,
leasing
e ring?).
-
Con esa forma tan anómala,
non sabemos qué xénero asignarlle. É unha
palabra feminina (‘a
e-learning’) ou masculina (‘o
e-learning’)?
-
Unha combinación de
letras tan estraña para os nosos ollos, combinada
coa influencia do inglés, provoca innúmeras
vacilacións á hora de pronunciala. (Debemos
dicir “ilernin”, “elearnin”,
“elernin”, “elirnin”, “elernín”,
“ilernin”, “ilerníngh”…?)
E,
por unha vez, compartimos o problema con todos os
nosos veciños. O nome inglés está moi
implantado nas principais linguas europeas, e en
todas elas dicionarios, guías de estilo, páxinas
web… intentan evitalo propoñendo alternativas máis
axeitadas desde o punto de vista lingüístico e
que describen con máis claridade os trazos
esenciais do concepto.
En
castelán, por exemplo, empregan aprendizaje
electrónico, aprendizaje
en línea ou teleformación;
en portugués, aprendizagem
electrónica, aprendizagem
virtual ou formação
em linha, en francés, apprentissage
électronique, apprentissage en ligne ou formation
en ligne e en catalán aprenentatge
virtual, teleformació
ou aprenentatge
en línia.
En
galego e-learning
ten tamén unha altísima presenza no uso; de
feito, a Galipedia
inclúea como entrada como se for unha palabra
galega totalmente establecida. Pero á vez, hai
centos de fontes nas que se empregan denominacións
que permiten fuxir do anglicismo (aprendizaxe
electrónica, aprendizaxe
en liña, ensino
en liña, formación
en liña, teleformación,
teleensino,
ensino
electrónico, formacion
virtual…).
Para
nós, calquera delas é preferible á forma
estranxeira, e non atopamos argumentos para
desaconsellar ningunha. Pero pensamos que pode ser
útil intentar establecer algunha delas como
preferente: a existencia dun número moi elevado
de sinónimos galegos na práctica acabaría
favorecendo o emprego de e-learning,
que xogaría coa vantaxe da súa univocidade.
Vexamos, xa que logo, algúns argumentos que nos
poden axudar nesa escolla:
-
Os nomes galegos que
enumeramos antes achéganse ao concepto, desde o
punto de vista de quen recibe o coñecemento (os
que empregan aprendizaxe) ou desde o de
quen o recibe (os que usan ensino ou formación).
Calquera deses enfoques sería adecuado, pero en
xeral o galego adoita mirar ese tipo de procesos
desde este segundo prisma, e por iso se fala
maioritariamente de formación
profesional, formación
ocupacional, formación
de adultos/ensino
de adultos e doutras moitas variedades de formación…
-
Aínda que virtual
ten aquí un valor que poderiamos describir como
‘que non precisa dun soporte físico’ (igual
ca en disco
virtual ou en tenda
virtual), non é menos certo que o sentido
principal dese adxectivo deixa sempre unha
reminiscencia a ‘non real’ que contamina
denominacións como formación virtual ou ensino
virtual.
-
Se –como vimos–
un dos trazos do concepto é o emprego da internet
e de tecnoloxías multimedia, denominacións como formación
en liña, ensino en liña ou teleformación
parecen describir esa característica mellor ca
outras como formación electrónica, xa que
este último adxectivo ten un sentido máis xenérico.
Cuestións
máis pragmáticas como a lonxitude do nome que se
escolla, ou a facilidade para pronuncialo tamén
deben terse en conta.
|
Se
aplicamos todos eses argumentos ao abano
de nomes galegos que recollemos máis
arriba, os que resultan mellor valorados
son teleformación, formación
en liña e ensino en liña –se
cadra, aínda por esta orde. Xa que logo,
estes son os mellor colocados, na nosa
opinión, para suplantar o e-learning
da documentación galega. |
|