|
Esa
forma designa un servizo que lle permite a unha
entidade situar os seus servidores (web ou doutro
tipo) no espazo físico que lle cede outra
entidade -normalmente un provedor de servizos de
rede co que se asina un acordo de interconexión-,
quen ademais proporciona unha amplitude de banda,
un mantemento e unhas condicións físicas e de
seguridade mellores ca aquelas ás que a primeira
entidade podería acceder por si mesma.
En
xeral, nas linguas da nosa contorna a denominación
inglesa está moi presente, pero convive con
propostas neolóxicas que intentan suplantala. Así:
Esta
panorámica amósanos claramente que practicamente
todas as alternativas se construíron seguindo un
padrón común: partindo do concepto que o inglés
designa como locate,
búscase un equivalente na lingua propia, e imítase
o proceso denominativo que levou de locate
a co-location.
Para
facermos algo semellante en galego, temos que
partir de formas como situar,
localizar
ou colocar,
que son as que representan a idea de ‘poñer nun
lugar concreto’.
Sobre eses verbos poderiamos xerar substantivos
como colocalización ou cosituación
(cocolocación
parece bastante menos adecuado, dada a súa
evidente cacofonía).
Este
mecanismo, que vimos de describir en abstracto, xa
se puxo en práctica, pois colocalización
–ou a súa variante co-localización–
poden atoparse documentación oficial, como nas
versións galegas dos regulamentos sobre
mercados de comunicacións electrónicas, acceso
ás redes e numeración, e sobre
as condicións para a prestación de servizos de
comunicacións electrónicas, o servizo universal
e a protección dos usuarios.
|
Por
todo o devandito, parece que colocalización/co-localización é a mellor das alternativas con que contamos para
suplantar o co-location
do inglés: creouse seguindo un mecanismo
paralelo ao das linguas veciñas, describe
bastante ben o concepto, e trátase dunha
forma xa documentada en fontes
especialmente relevantes, como son as
lexislativas. |
En inglés
presenta como variantes colocation,
collocation
ou co-lo.
Hai que
ter en conta que *ubicar
está
desaconsellada en diversos libros de estilo
galegos, e que emprazar
non ten os mesmos significados ca o
emplazar
do castelán.
|