Área de Terminoloxía 
Servizo de Normalización Lingüística
USC

Foro

Ligazóns

Índice de precisións

Un idioma preciso

 

preciso -a. adx. 

1.Exactamente determinado ou definido. 

2. Dise do que non é equívoco nin vago. 

3. Dise do que é necesario ou imprescindíbel.

 
A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser "un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén "un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é imprescindíbel que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.

Por iso, desde esta sección de canalciencia.com, coordinada pola Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da USC, intentaremos contribuír aos dous tipos de "precisións", presentando para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma estábel ou que se empregan de forma inadecuada. 

Cada número parte dun pequeno estudo elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles. Partindo dese traballo, convidamos a todas as persoas interesadas a opinar sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas, e a presentar e defender as súas propias alternativas no foro de debate creado para tal fin.
 
Ligazóns


Dicionarios e bancos terminolóxicos

Dicionarios e vocabularios galegos

 Outros

Máis ligazóns

 
 
Castelanismos travestidos: a “arpilleira”

80

Medra a táboa periódica

 

Pois por fin se confirmou: o elemento químico 118 existe. Despois de varios anos de investigacións e dun importante escándalo entre a comunidade científica, parece que xa se pode dar como definitiva a permanencia do ununoctio na táboa periódica.

 

Taboa periódica de canalciencia.com. Prema encol da imaxe para consultala.Aproveitando esta nova, queremos fixarnos hoxe nos nomes galegos correspondentes aos elementos químicos bautizados seguindo a nomenclatura sistemática empregada pola IUPAC. Esta compón as denominacións provisionais dos elementos tomando como base os nomes latinos das cifras que forman o número atómico do elemento.

Por iso, os nomes oficiais dos elementos que van do 112 ao 118 son, actualmente:

·      112: ununbio (EN: ununbium. ES: ununbio. PT: unúnbio)

·      113: ununtrio (EN: ununtrium. ES: ununtrio. PT: unúntrio)

·      114: ununcuadio (EN: ununquadium. ES: ununquadio. PT: ununquádio)

·      115: ununpentio (EN: ununpentium. ES: ununpentio. PT: ununpentio)

·      116: ununhexio (EN: ununhexium. ES: ununhexio. PT: ununhéxio)

·      117 ununseptio (EN: ununseptium. ES: ununseptio. PT: ununséptio)

·      118 ununoctio (EN: ununoctium. ES: ununoctio. PT: ununóctio)

Dicimos “actualmente” porque o bautismo dos novos elementos químicos segue un método estipulado que intenta evitar disputas como as acontecidas na segunda metade do século pasado. Este consiste en que o grupo ou grupos de investigación que se consideran pais do descubrimento dese novo elemento suxírenlle posibles nomes á IUPAC, pero é o Consello desta institución quen toma a decisión final despois de estudar as propostas e o papel que cada grupo xogou nese descubrimento.

No momento en que se aproba un novo nome, a denominación sistemática provisional debe deixar de empregarse. Por este motivo, os dicionarios de química poden quedar rapidamente anticuados, tal e como lle ocorreu ao Vocabulario de química, que o Servizo de Normalización Lingüística da USC editou en 2002. 

Alí citábanse aínda elementos como o ununnilio (110) ou o unununio (111). Actualmente, as formas que deben empregarse son, respectivamente, darmstadtio (EN: darmstadtium. ES: darmstadtio. PT: darmstádtio) –aprobado en 2003– e roentgenio[1] (EN: roentgenium. ES: roentgenio. PT: roentgênio ou roentgénio) –aprobado en 2004–.

Xa que logo, supoño que non pasará moito tempo antes de que a listaxe que presentamos uns parágrafos máis arriba comece a quedar anticuada a medida que se vaian bautizando eses novos elementos. Procuraremos tervos informados.


[1] Os símbolos que identifican estes dous elementos son, respectivamente, Ds e Rg.


© Área de Terminoloxía, SNL, USC
© canalciencia.com

Contacte connosco