|
|
Un
idioma preciso |
| |
|
preciso
-a.
adx.
1.Exactamente determinado ou definido.
2. Dise do que non é equívoco nin vago.
3. Dise do que é necesario ou imprescindíbel. |
| |
A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser
"un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén
"un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é
imprescindíbel que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.
Por iso, desde esta sección de canalciencia.com, coordinada pola
Área de Terminoloxía do
Servizo de Normalización Lingüística da
USC, intentaremos contribuír aos dous tipos de "precisións", presentando para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma
estábel ou que se empregan de forma inadecuada.
Cada número parte dun pequeno estudo elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles. Partindo dese traballo, convidamos a todas as persoas interesadas a opinar sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas, e a presentar e defender as súas propias alternativas no foro de debate creado para tal fin.
|
| |
| Ligazóns |
Dicionarios
e bancos terminolóxicos
Dicionarios
e vocabularios galegos
Outros
Máis
ligazóns |
| |
| |
|
|
|
| Castelanismos travestidos: a “arpilleira” |
|
82
|
Viaxando
desde as caixas da froita |
|
Cada
vez máis, achegarse a unha froitaría é como facer unha
viaxe rápida polas hortas de todo o mundo. Nos andeis
atopamos especies de Ásia, África ou América –na
verdade, empeza a ser máis fácil atopar aguacates,
papaias
ou chirimoias
ca pavías,
peras
urracas ou repinaldos,
pero esa é leria para outro sitio.
|
|
Con
toda esa mercadoría
exótica teñen que lidar os vendedores e os
clientes; pero tamén “os de letras” andamos por veces
ás voltas con algunhas especies. Imos dedicar esta
precisión a algunhas que no SNL nos pasaron polas mans, aínda
que por desgraza non sempre pola boca:
-
A
manga
–non o *mango–
(ES: mango; PT: manga; EN: mango)
é o froito da mangueira,
nome baixo o que se inclúen máis de 30 especies de
árbores do xénero Mangifera.
-
O
maracuxá
(ES: maracuyá ou fruta de la pasión;
PT: maracujá; EN: passion fruit) é
unha froita
moi aromática e de sabor lixeiramente acedo
producido por diversas especies rubideiras do xénero Passiflora,
principalmente Passiflora
edulis.
-
O
alquequenxe
(ES: alquequenje ou linterna china; PT: alquequenje
ou tomate de capucho; EN: Chinese lantern
ou bladder cherry), producido pola herbácea Physalis
alkekengi, destaca sobre todo polo envoltorio
que forma o seu cáliz e que recobre totalmente a froita,
do tamaño dunha cereixa e de sabor doce pero cun
puntiño de acidez.
-
O
tomate de árbore (ES: tamarillo, tomate
de árbol; PT: tomate de árvore, tomate
arbóreo; EN: tree tomato, tamarillo)
é unha froita
ovoide de entre 2 e 8 cm, con pel delgada e carne
suave, que se tira da Cyphomandra
betacea, unha especie da familia das
Solanaceae, parente –xa que logo– dos tomates
“convencionais”.
-
O
pomelo
(ES: pomelo
ou toronja; EN: grapefruit;
PT: pomelo)
é un cítrico
de forma arredondada que pode acadar os 15 cm de diámetro,
de cor amarela ou rosácea e sabor bastante acedo,
producido pola árbore do mesmo nome (Citrus
x paradisi),
xurdida por hibridación de Citrus
maxima e Citrus
x sinensis.
Curiosamente, en paralelo á hibridación botánica
ocorreu tamén unha hibridación lingüística que
explica por qué a traemos aquí.
A Citrus
maxima (ou Citrus
grandis) coñécese en inglés como pummelo,
pomelo ou shaddock. O feito de que en
galego, castelán ou portugués pomelo designase
unha especie diferente, combinado co influxo que os
anglicismos exercen sobre todas as outras linguas explica
que atopemos con moita frecuencia este nome referido tanto
a Citrus x paradisi como a Citrus maxima, a
pesar de que as diferenzas
entre as dúas froitas son ben visibles.
Pero o que é admisible na lingua xeral, non
o é en contextos técnicos (botánicos, de comercio
internacional, de aduanas…), nos que cada especie
precisa unha forma que a identifique:
-
En
galego óptase por reservar pomelo
para Citrus x paradisi e empregar toranxa
para Citrus maxima.
-
En
portugués a tendencia maioritaria é a mesma (pomelo
para Citrus x paradisi, e toranja para Citrus
maxima).
-
En
castelán, o máis frecuente é reservar as denominacións
pomelo e toronja
para Citrus x paradisi e empregar cimboa
e pampelmusa
para Citrus
maxima. Pola contra, algunhas entidades tan
relevantes como a FAO
fan un uso diferente, recorrendo a toronja
para a primeira especie e a pomelo
para a segunda.
[1]
Aínda así, tanto en portugués como en castelán
poderemos atopar abondos exemplos en sentido
contrario, sobre todo en documentos traducidos desde o
inglés ou moi dependentes de materiais nesta lingua.
|
|
|
|
|