|
|
Un
idioma preciso |
| |
|
preciso
-a.
adx.
1.Exactamente determinado ou definido.
2. Dise do que non é equívoco nin vago.
3. Dise do que é necesario ou imprescindíbel. |
| |
A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser
"un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén
"un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é
imprescindíbel que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.
Por iso, desde esta sección de canalciencia.com, coordinada pola
Área de Terminoloxía do
Servizo de Normalización Lingüística da
USC, intentaremos contribuír aos dous tipos de "precisións", presentando para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma
estábel ou que se empregan de forma inadecuada.
Cada número parte dun pequeno estudo elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles. Partindo dese traballo, convidamos a todas as persoas interesadas a opinar sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas, e a presentar e defender as súas propias alternativas no foro de debate creado para tal fin.
|
| |
| Ligazóns |
Dicionarios
e bancos terminolóxicos
Dicionarios
e vocabularios galegos
Outros
Máis
ligazóns |
| |
| |
|
|
|
| Castelanismos travestidos: a “arpilleira” |
|
84
|
Cosmopolitas
do Deza: o Lalín Arena |
|
Imos
comezar o ano escribindo sobre léxico deportivo. E imos
facelo con humor, porque o caso en cuestión –a idea do
Concello de Lalín de bautizar o seu novo pavillón
multiusos como Lalín
Arena– non dá para moitas argumentación serias.
|
|
Unha mostra de
cosmopolitismo tal permite que esta vila se equipare, por
exemplo, coa maioría das cidades que acollen equipos da NBA
–que tamén denominan arena aos seus recintos deportivos
cubertos. Pero desde o punto de vista lingüístico
presenta dous ‘pequenos’ inconvenientes:
1.
Que sendo arena unha palabra común a inglés, galego e
castelán, o seu significado non é o mesmo. Mentres en inglés
designa un gran espazo cerrado e cuberto que se pode
empregar para todo tipo de espectáculos e actividades
deportivas, para nós
(e para o castelán)
o seu valor restrínxese ao espazo en que se celebraban
ou celebran espectáculos moito máis violentos, como as
loitas de gladiadores ou as corridas de touros.
Xa
que logo, a non ser que a vontade do Concello sexa darlles
panem
et circenses en sentido estrito aos seus concidadáns,
non parece que un nome tan “sanguinario” como arena
lles acaia moi ben aos espectáculos incruentos (balonmán,
voleibol, fútbol sala, baloncesto…) que alí terán
lugar.
2.
Pero é que aínda que arena fose unha palabra apropiada
para designar un pavillón multiusos en Galicia, a
expresión “Lalín Arena” é moi respectuosa coa
sintaxe do inglés pero tritura tanto a do galego como a
do castelán, xa que o núcleo da frase (“arena”)
debe antedecer ao elemento que o concreta (“Lalín”).
Sería algo así como pretender chamarlle Da
Vila Square (ou Da Vila Praza) á praza principal,
ou Joaquín
Loriga Street a unha das súas rúas.
| |
|
|
Xa
que logo, mentres non vexamos carreiras de
cuadrigas, loitas contra leóns, ou a Jesulín de
Ubrique toureando nos nosos recintos deportivos,
é mellor seguir referíndose a eles como pavillóns
ou pavillóns multiusos; e intentar facer alarde de cosmopolitismo en
situacións onde non sexa tan doado de confundir
con vaidades de novo rico. |
|
|
|
|
|
|
|