Área de Terminoloxía 
Servizo de Normalización Lingüística
USC

Foro

Ligazóns

Índice de precisións

Un idioma preciso

 

preciso -a. adx. 

1.Exactamente determinado ou definido. 

2. Dise do que non é equívoco nin vago. 

3. Dise do que é necesario ou imprescindíbel.

 
A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser "un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén "un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é imprescindíbel que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.

Por iso, desde esta sección de canalciencia.com, coordinada pola Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da USC, intentaremos contribuír aos dous tipos de "precisións", presentando para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma estábel ou que se empregan de forma inadecuada. 

Cada número parte dun pequeno estudo elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles. Partindo dese traballo, convidamos a todas as persoas interesadas a opinar sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas, e a presentar e defender as súas propias alternativas no foro de debate creado para tal fin.
 
Ligazóns


Dicionarios e bancos terminolóxicos

Dicionarios e vocabularios galegos

 Outros

Máis ligazóns

 
 
Castelanismos travestidos: a “arpilleira”

85

Será por nomes...: 
banda ancha / banda ampla / banda larga

 

IAínda que na actualidade se considera superado o principio clásico de que a un concepto especializado debía corresponderlle unha e só unha denominación, e a variación en terminoloxía percíbese como un fenómeno natural, non deixa de ser certo que por veces a superabundancia de nomes para referirse a unha mesma realidade pode chegar a confundir ao lector ou ao oínte.

   Banda larga

   Por exemplo, se nun mesmo texto de informática se empregan aleatoriamente as formas ventá, xanela e fiestra para referirse ao que en inglés se designa como window e en castelán como ventana, ¿non é probable que parte dos lectores dubiden de se as tres denominacións designarán ou non o mesmo concepto?

   O galego ofrécenos abondos exemplos desta concorrencia de sinónimos –aquí cítanse outros no ámbito da informática–, Pero nós hoxe pretendemos fixarnos na convivencia de banda ancha, banda larga e banda ampla para designar o ‘sistema de telecomunicacións que pode dar soporte a múltiples formatos de información a velocidades relativamente altas (entre varios centos e milleiros de veces máis rápidas ca cos sistemas de banda estreita), como as dos servizos de voz, de datos a alta velocidade e de vídeo baixo demanda’ (EN: broadband, PT: banda larga, ES: banda ancha, FR: large bande).

   Evidentemente, non pretendemos proscribir o emprego de ningunha forma viva no uso e correcta desde o punto de vista lingüístico –e calquera destas tres sono–, pero parécenos interesante recomendar unha certa prelación que convirta unha delas na “escolla predefinida”, con independencia de que nun momento concreto se poida empregar calquera das outras por razóns contextuais.

 

Visto que as tres formas teñen unha vitalidade importante no uso –e insistindo outra volta en que todas nos parecen “correctas” en sentido estrito– pensamos que o máis conveniente sería potenciar o emprego de banda larga. Con esta escolla apostamos por unha das dúas denominacións máis difundidas, e que ademais cumpre ao pé da letra o principio das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego no que se indica que “para o arrrequecemento do léxico culto, nomeadamente no referido aos ámbitos científico e técnico, o portugués será considerado recurso fundamental, sempre que esta adopción non for contraria ás características estruturais do galego”.


© Área de Terminoloxía, SNL, USC
© canalciencia.com

Contacte connosco