|
|
Un
idioma preciso |
| |
|
preciso
-a.
adx.
1.Exactamente determinado ou definido.
2. Dise do que non é equívoco nin vago.
3. Dise do que é necesario ou imprescindíbel. |
| |
A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser
"un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén
"un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é
imprescindíbel que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.
Por iso, desde esta sección de canalciencia.com, coordinada pola
Área de Terminoloxía do
Servizo de Normalización Lingüística da
USC, intentaremos contribuír aos dous tipos de "precisións", presentando para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma
estábel ou que se empregan de forma inadecuada.
Cada número parte dun pequeno estudo elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles. Partindo dese traballo, convidamos a todas as persoas interesadas a opinar sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas, e a presentar e defender as súas propias alternativas no foro de debate creado para tal fin.
|
| |
| Ligazóns |
Dicionarios
e bancos terminolóxicos
Dicionarios
e vocabularios galegos
Outros
Máis
ligazóns |
| |
| |
|
|
|
| Castelanismos travestidos: a “arpilleira” |
|
86
|
Ás
voltas con Freud |
|
Por unha curiosa
casualidade, un par de consultas recibidas a semana pasada
fixéronnos atenderlle á terminoloxía da psicanálise.
Por iso, nesta precisión ímonos poñer freudianos.
|
|
A primeira desas
consultas versaba sobre cál sería a denominación máis
acaída para expresar en galego o concepto que en castelán
se coñece como acto
fallido (EN: faulty
act ou Freudian
slip; PT: acto
falhado ou ato
falho –no Brasil–). Ao buscar nos dicionarios
técnicos galegos atopamos varias alternativas:
-
O Diccionario
de psicoloxía e educación propón acto
errado, aproveitando a equivalencia fallido
[ES] «errado [GL]
recollida en dicionarios bilingües como o Xerais
castelán-galego. Pero o dicionario bilingüe con
maior autoridade entre nós (Dicionario
castelán-galego da Real Academia Galega)
altera esa equivalencia e recomenda frustrado
como forma galega, abrindo así a posibilidade de
optar por acto frustrado.
-
Por outra banda, o Diccionario
galego de termos médicos escolle como
denominación galega acto
falido. Apóiase para iso no feito de que falir
é un verbo que a
RAG considera correcto en galego, e que é
definido nos dicionarios de lingua ‘Malograrse,
fracasar algún asunto’, sentido que encaixa moi ben
co que o adxectivo ten no sintagma que nos ocupa.
|
|
|
|
Situados ante esta
disxuntiva, parece que calquera das tres
alternativas –acto errado, acto frustrado
ou acto
falido– é defendible desde o punto de vista
lingüístico. Por iso, desde o SNL decidimos
recomendar o emprego desta última porque –sendo
perfectamente galega– se corresponde moito
mellor ca as outras coas denominacións empregadas
polas linguas do noso contorno.
|
|
|
|
Uns días despois
preguntáronnos cál sería o nome que en galego lle
correspondería á instancia psíquica identificada por
Freud e nomeada en castelán como ello
(EN: id;
PT: id
ou isso).
Neste
caso, os dicionarios galegos non chegan a defender
propostas diverxentes, pero alternan de forma ben
aleatoria a preferencia polas formas latinas e as galegas.
Así, mentres o Diccionario
galego de termos médicos se decanta por id,
o Diccionario de
psicoloxía e educación ofrece a alternativa de id
ou iso.
E outro tanto se pode dicir dos outros dous conceptos que forman
tríade con este:
-
Tanto
un coma outro traballo consideran que eu
é a denominación máis acaída
para designar o mesmo concepto ca o yo
do castelán, o ego
do inglés e o ego
ou eu do portugués.
-
E finalmente, para o concepto restante o dicionario médico recolle
unicamente superego,
mentres que o dicionario psicolóxico prioriza supereu
sobre superego (ES: superyó
ou superego;
EN: super-ego;
PT: superego).
|
|
|
|
Igual que
opinamos a respecto da primeira consulta volve a
ser posible optar, ou pola serie latina ou pola
serie galega, á hora de escoller as denominacións
para esta serie.
E tamén igual ca antes, o feito de que as linguas
veciñas opten maioritariamente polos termos
latinos lévanos a nós a recomendar o uso de ego,
superego e id, deixando
ben claro que a escolla das formas galeguizadas
non presenta ningún problema desde o punto de
vista lingüístico.
|
|
|
|
|
Amais,
na entrada isto
tamén se remite a id,
aínda que nesta última a outra non se cita como
sinónimo.
Ambos
recollen e aceptan o nome latino (ego),
pero danlle prioridade á forma galega.
O que si
parece razoable é manter dentro do mesmo
documento a coherencia das escollas: é dicir,
optar pola serie latina ou a galega no seu
conxunto sen mesturar elementos dunha e doutra.
|
|
|
|
|
|
|
|
|