|
Simplemente imos
analizar algúns debates que ocasiona a denominación en
galego de conceptos relacionados coa ‘pedra ou poste que
se chanta no chan para sinala-lo límite dunha propiedade
ou a dirección e a distancia nos camiños’, e coñecemos
como marco,
fito,
mouteira
ou pedreiro.
A pervivencia na fala
das formas propias do galego fai que os castelanismos máis
ou menos disfrazados (*mojón,
*mollón, *moxón…) sexan
rexeitados unanimemente como designación para este
concepto. Por iso sorprende que unha fonte con peso
normativo como o Vocabulario
ortográfico da lingua galega recolla amolloar e amolloamento
entre a súa listaxe de entradas.
Como este traballo
non inclúe definicións, a nosa primeira intuición foi
pensar: “Seguro que se refire a ‘xuntar as gavelas
para facer un mollo’ que xa figuraba nalgún outro dicionario
galego”. Pero non. O propio Vocabulario
desfai calquera posible equívoco cando considera que derregar
e estremar
son sinónimos de amolloar.
E con ese mesmo valor de ‘poñer marcos’ podemos
atopalo en bastantes
exemplos en Internet, incluso en fontes cun certo
valor referencial como diarios
e boletíns
oficiais –ademais de en unha curiosa páxina
en trampitán coa que nos agasalla a Xunta de Galicia.
Pero aceptar que amolloar poida ter en galego ese valor –cando
ao consultar de corpus
textuais en galego non atopamos exemplos reais que o
avalen– non nos obrigaría dalgunha forma a asumir
que *mollón
debe ser tamén un sinónimo válido de marco?
Pero é que ademais, para o concepto ‘poñer marcos’,
outras fontes propoñen denominacións galegas que non
presentan inconveniente ningún, así que non se percibe a
necesidade de acoller un amolloar
de galeguidade dubidosa:
-
En
varios dicionarios
castelán-galego
proponse derregar
e estremar
como
equivalentes do amojonar
castelán.
-
Tanto
en documentación
real, como nalgún glosario en
papel ou en
liña, emprégase marcar
/ marcaxe con
ese mesmo valor.
-
Noutros
dicionarios en papel, como o Diccionario
enciclopédico gallego-castellano os nomes galegos
recomendados son marquear
/ marqueo.
|
|
|
|
Vendo,
pois, que existen alternativas, pensamos que non
hai necesidade ningunha de recorrer a amolloar
/ amolloamento
para referirse a acción de ‘marcar estremas por
medio de marcos’. De entre esas alternativas,
parecen preferibles calquera das dúas últimas,
xa que derregar e estremar teñen
un significado máis xenérico, que remite
unicamente ao establecemento de estremas, pero non
sinala o obxecto que se emprega.
|
|
|
|
|
En
castelán úsase mojón;
hito; término ou jalón;
en inglés boundary stone ou landmark,
e en portugués marco.
Ou desde
logo, percibida hoxe como de galeguidade dubidosa,
con independencia de que etimoloxicamente poida
xustificarse a presenza no galego sen recorrer ao
préstamo desde o castelán.
|
|
|
|
|