|
|
Un
idioma preciso |
| |
|
preciso
-a.
adx.
1.Exactamente determinado ou definido.
2. Dise do que non é equívoco nin vago.
3. Dise do que é necesario ou imprescindíbel. |
| |
A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser
"un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén
"un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é
imprescindíbel que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.
Por iso, desde esta sección de canalciencia.com, coordinada pola
Área de Terminoloxía do
Servizo de Normalización Lingüística da
USC, intentaremos contribuír aos dous tipos de "precisións", presentando para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma
estábel ou que se empregan de forma inadecuada.
Cada número parte dun pequeno estudo elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles. Partindo dese traballo, convidamos a todas as persoas interesadas a opinar sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas, e a presentar e defender as súas propias alternativas no foro de debate creado para tal fin.
|
| |
| Ligazóns |
Dicionarios
e bancos terminolóxicos
Dicionarios
e vocabularios galegos
Outros
Máis
ligazóns |
| |
| |
|
|
|
| Castelanismos travestidos: a “arpilleira” |
|
89
|
Vacilacións
académicas:
ectropio/ectropión e entropio/entropión |
|
Hoxe
toca volver falar de discordancias entre dicionarios,
neste caso referidas ao ámbito da medicina.
|
|
Entre as doenzas que
con certa frecuencia poden afectar as pálpebras cóntanse
dúas que teñen que ver cun pechamento defectuoso destas.
Por veces viran
en exceso contra o globo ocular provocando que as
pestanas rocen o ollo, irritándoo e chegando en ocasións
a ulceralo. Noutros casos, unha pálpebra vira
cara a fóra, o que impide que poida protexer
correctamente o ollo e distribuír adecuadamente a lágrima
por toda a súa superficie.
Todas as linguas do
noso contorno empregan dous cultismos
de orixe grega –con graos distintos de adaptación–
para designar esas doenzas:
·
A inversión da pálpebra
cara ao ollo coñécese como entropion
(EN), entropion
(FR), entrópio
(PT) e entropión
(ES)
·
A eversión da pálpebra
cara ao exterior coñécese como ectropion
(EN), ectropion
(FR), ectrópio
(PT) e ectropión
(ES):
No
caso do galego, a Real Academia Galega manifesta criterios
contraditorios. Así, mentres no Diccionario
galego de termos médicos –revisado polo seu
Seminario de Lexicografía– se apostaba polas formas entropio
e ectropio; no Vocabulario
ortográfico da lingua galega, coeditado pola
mesma RAG, non atopamos ningunha das dúas denominacións
anteriores pero si entropión.
Diante deste
conflito de “autoridades” cabería a posibilidade de
interpretar que tanto entropio/ectropio como entropión/ectropión son formas adecuadas en galego pero…
-
o feito de que só galego e
castelán
coincidan na elección das formas agudas convérteas en
sospeitosas de castelanismo, especialmente se comprobamos
que esta acentuación non deriva da etimoloxía orixinal
senón dunha importación
do galicismo ao castelán. E iso nun ámbito –a
adaptación de cultismos– no que a propia RAG destaca a relevancia
do recurso ao portugués.
-
o uso de entropio e ectropio, máis
achegadas ao portugués e ao esquema acentual existente no
étimo grego, parece contradicir a pauta
marcada nas normas ortográficas do galego que leva a
manter o –n final dos helenismos, grafía que se perde
en portugués con moita frecuencia. Cfr. acromion,
corion, epíploon, isquion,
pericarion (galego) vs acrómio,
cório, epíploo, ísquio, pericário
(portugués).
|
|
|
|
Resumindo,
atopamos dúas propostas de denominación
normativas que, analizadas obxectivamente, parecen
despertar certas dúbidas sobre a súa
conveniencia. E pola contra, as formas que, en
principio, parecerían máis acaídas (entropion
e ectropion)
non figuran en ningún dicionario.
Nestas
circunstancias non nos atrevemos a recomendar
explicitamente o emprego de ningunha das posibles
alternativas, aínda que pensamos que desde o
punto de vista estritamente lingüístico as máis
coherentes coas prescricións establecidas son entropion
e ectropion.
Pero
o que si cabe é pedirlle á RAG que unifique a súa
“doutrina”.
|
|
|
|
|
|
Non
mencionamos tamén o francés porque neste idioma
todas as palabras son agudas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|