|
Así, un galego pode
pensar que é moito mellor empregar stand
antes ca caseta
ou pavillón para nomear a instalación
temporal que se monta para a promoción e venda de
produtos e servizos porque ese é o único significado que
para el ten esa forma. Pero para un inglés, esta
palabra é tan polisémica e tan ‘imprecisa’ como
nolo podían parecer a nós os substantivos galegos
devanditos.
Todo este longo
limiar vén ao caso porque hoxe queremos falar de rack,
especialmente como termo da área das redes telemáticas
de comunicación.
No inglés non especializado, esta
denominación refírese a unha estrutura –case
sempre formada por barras– que se usa para colocar
obxectos de forma organizada.
Por un proceso de extensión semántica a palabra
pasou ao ámbito das telecomunicacións, onde designa unha
estrutura
metálica dotada de guías que permite colocar
servidores ordenados en rimas.
Para darlle nome a
este último concepto, tanto o portugués
como o castelán
recorren con moita frecuencia a ese anglicismo,
posiblemente por consideralo máis preciso cás palabras
autóctonas de significado semellante. Pero na nosa opinión
trátase dun préstamo totalmente innecesario, xa que bastidor
(‘Armazón metálica ou de madeira que soporta a
estrutura dalgunhas máquinas’) é un equivalente
practicamente perfecto.
Se estamos
aconsellando evitar o uso de rack
con ese significado, é evidente que tampouco nos parecen
adecuadas formas como servidores
en rack ou a armario
rack, que podemos atopar en textos galegos.
A primeira refírese
a unha disposición
concreta dos servidores, que se colocan en rimas
dentro do bastidor que os soporta. Pensamos que unha
denominación como servidores en andeis ou servidores
en rimas (EN: rack
server) é moito máis transparente e respectuosa
coa estrutura do galego.
A segunda designa unha especie de caixa
metálica que dentro da cal se coloca o bastidor cos
servidores co fin de protexelos e evitar a súa manipulación.
Polas mesmas razóns indicadas no parágrafo anterior, armario
de servidores (EN: server
cabinet ou rack
cabinet) parece preferible á forma híbrida
galego-inglés.
|
|
|
|
Como
acabamos de indicar, pensamos que rack
é en galego un préstamo innecesario,3
cuxos principais significados na lingua xeral xa
estaban cubertos polo substantivo bastidor.
Ademais, no ámbito concreto das redes telemáticas
sintagmas propios como servidor
en andeis / en
rimas ou armario de
servidores poderían –e na nosa opinión,
deberían– suplantar con vantaxe a formas híbridas
como servidor
en rack ou armario
rack .
|
|
|
|
|
|
2 Isto explica que á nosa
baca
eles lle chamen luggage
rack.
3 Na área dos materiais de laboratorio tamén sería posible falar de pousatubos
ou pousapuntas para referirse a esas estruturas de soporte.
|
|
|
|
|